Banco Zaragozano

Banco Zaragozano

Entidade bancaria con sede en Zaragoza que naceu en 1910 baixo a forma de sociedade mercantil e cunha vocación de banco de crédito e desconto. En 1947 converteuse nun banco nacional. En 1979 formou parte do grupo fundador do Banco Saudí Español. En 1981 incorporou o Miami National Bank e en 1982 o Banco de Levante. En 1986 entrou a formar parte do accionariado o grupo Construciones y Contratas.