Banco Urquijo

Banco Urquijo

Entidade bancaria creada en Madrid no 1870 baixo a denominación de Urquijo, Ortueta y Arenzana. No ano 1918 adoptou a estrutura e a denominación actuais. Foi o primeiro banco industrial do estado español. Participou na promoción dunhas 300 empresas. No 1982 o Banco Hispano Americano tomou o control da entidade e fusionouna ao pouco tempo con outro banco industrial (Bankunión), constituíndo así o Banco Urquijo-Unión. No 1988 pasou a estar baixo o control da Banca March.