Banco Simeón
Banco Simeón
Entidade bancaria con sede en Vigo. A súa orixe atópase na sociedade comandataria Banco Hijos de Simeón García y Compañía, creada en 1857, que se converteu en sociedade anónima en 1948. En 1965 adoptou o nome actual e en 1995 foi adquirido polo grupo portugués Caixa Geral de Depósitos.