"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

    1. Conxunto de armas defensivas (agás o escudo) do home ou do cabalo. Aplicado particularmente ao revestimento protector do corpo do combatente da Idade Media e do Renacemento. Dende o s IX ata o XIII os guerreiros protexían o corpo coa loriga, túnica de escamas, e moito máis a miúdo de mallas, e a cabeza co helmo primitivo, casco bicudo cunha certa tendencia cónica, a miúdo provisto do nasal, que defendía gran parte da faciana. No s XIII, a loriga, co fin de evitar que se oxidase e quentase demasiado, cubriuse co perpunto, túnica bastante forte que algúns cabaleiros levaban como única protección. En lugar do helmo apareceron: o grande helmo en forma de tonel, que cubría totalmente a cabeza e que era tan incómodo que se reservou para manifestacións ostentosas; o lixeiro sombreiro de ferro, ou ben o capacete, casco semiesférico e moi cinguido. As defensas subsidarias aumentaron cada vez máis, para protexer pernas e brazos (con pezas...

    2. Conxunto de gornicións do cabalo, mula e doutros animais empregados para carga e transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Introduciu unha fórmula ou esquema que leva o seu nome para establecer a proporción dos leucocitos polinucleares do sangue. Se a fórmula reflicte un predominio de células con núcleo pouco segmentado, indica que estas son moi novas; se predominan as hipersegmentadas, indica unha falta de vitamina B12. A fórmula de Arneth caeu en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que designa a ‘quen elabora as maletas ou baúis’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e pedagoga novacelandesa. Autora das novelas Spinster (1958) e Teacher (1963) e da autobiografía I passed this way (1980), onde quedan patentes as contradicións entre a cultura maorí e a occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Defensor da natureza a partir da publicación Dikter under träden (Poemas baixo das árbores, 1956), escribiu, entre outras obras, poemas Ordbok (Dicionario, 1976), Elegier och Andra Dikter (Elexías e outras poesías, 1993); obras de narrativa Forebund (Augurio, 1953), Backen (O regato, 1958); ensaio Blavalen (A Balea Azul, 1979); e teatro Jag maste till Berlin (Moverse en Berlín) e Job (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Auvernia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Auvernia (Auvergne).

    3. Dialecto occitano que, xunto co lemosino e co provenzal alpino, forma o noroccidental, é dicir, un conxunto caracterizado esencialmente pola palatalización de ca e ga latinos: capra > chabra, galus > jau/jal. Dentro deste conxunto o auvernés distínguese, sobre todo na baixa Auvernia, por unha evolución fonética moi avanzada. O fenómeno máis notable é a serie de palatalizacións condicionadas que afectan a todo tipo de constantes. Así, os termos do occitano medio llibre, dire, vinha, nud, cuba, quitar, pronúncianse en baixo auvernés coa consoante inicial palatalizada, que podería transcribirse: lybre, dyire, vynha, nyud, tyuba, tyitar, txitar, tsitar, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Iniciou estudios de Arquitectura que abandonou debido a unha doenza física. No Brasil comezou a súa produción literaria en xornais e foi profesor de literatura hispanoamericana na Faculdade Nacional de Filosofia. Considerado como o pai da poesía modernista brasileira, entre as súas obras poéticas destacan: A cinza das horas (1917), Carnaval (1919), Libertinagem (1930), Estrela da tarde (1962); como prosista escribiu Crônicas da província do Brasil (1937) e Apresentação da poesia brasileira (1946), entre outras. As súas investigacións levárono a mergullarse nos cancioneiros medievais galego-portugueses, dando como froito o poema “Cossonte”, onde emula a famosa cantiga “Ondas do mar de Vigo” de Martín Códax.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. A súa obra, na que reflicte escenas populares da realidade galega xunto con paisaxes tradicionais, é de carácter costumista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento funerario tipo cairn, que recobre once antas de corredor paralelas, situado en Plouezoch-Finestère (Bretaña). Edificouse en dúas etapas, con cadansúa cronoloxía diferenciada -a primeira ao redor do 3800 a C e a segunda do 3600 a C-, que permitiron demostrar a maior antigüidade e desenvolvemento autóctono do Megalitismo dos fisterres atlánticos desvinculados do Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo, político e avogado. Doutorouse en Dereito nas universidades de Sevilla e Madrid. Estivo ligado á ILE (Institución Libre de Enseñanza) e no 1929 foi director do Museo Pedagógico Nacional. Apoiou as teses de Azaña para laicizar o ensino e militou no Partido Radical-Socialista. Foi ministro de Instrución Pública durante a Segunda República (1933-1934) e membro do padroado da Universitat Autònoma de Barcelona (1933). Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México. Baseou toda a súa pedagoxía no coñecemento da evolución biolóxica dos nenos e defendeu o concepto de paidoloxía como ciencia integral do neno ao abranguer as perspectivas biolóxica, psicolóxica e pedagóxica. É autor de Fuentes para el estudo de la paidología (1917), Paidología (1918), Influjo de la psicología en la pedagogía francesa (1921) e El desenvolvimiento del niño (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e pedagogo. Cursou estudios de Filosofía e Letras e incorporouse á ILE (Institución Libre de Enseñanza). Durante a Segunda República ocupou diversos cargos nas Cortes. Apoiou as teses de Azaña para laicizar o ensino e militou no Partido Radical-Socialista. En 1933 foi nomeado ministro de Instrución Pública e ingresou no partido Izquierda Republicana. Ao rematar a Guerra Civil exiliouse en México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e xornalista de vangarda. En 1919 trasladouse a París e converteuse nunha das figuras centrais da comunidade literaria na década dos vinte. A súa vida e obra estiveron marcadas por unha continua transgresión das convencións políticas, sexuais e artísticas. Influíu nas novas xeracións, sobre todo coa súa novela Ryder (1928) e a obra de teatro The Antiphon (A antífona, 1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Representou escenas domésticas e interiores, sobre todo de rapaces. Amosou a súa obra, realizada entre 1856 e 1882, na Real Academia e na Real Sociedade de Artistas Británicos. As súas obras de temática española son Joven española e Joven con abanico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito municipal de Londres (Reino Unido) no NO da cidade (319.353 h [1996]). Formouse no ano 1965 pola fusión dos distritos de Hendon e Finchley, e das áreas urbanas de Barnet, East Barnet e Friern Barnet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico soviético. A súa mellor obra foi a película sonora Okraina (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno mediante o que un corpo ferromagnético desimantado adquire un momento magnético cando se fai xirar rapidamente. O efecto oposto é o efecto de Einstein-de Haas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor inglés. Realizou estudios de composición e piano. Entre a súa produción destacan gran cantidade de sonatas para piano, misas e a ópera The Mountain Sylph (1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e profesor de piano inglés. Compuxo pezas para piano, cantatas e oratorios. Entre as súas obras destacan The ancient mariner (1867) e The Eve of St Agnes (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO