Barnés Salinas, Domingo

Barnés Salinas, Domingo

Pedagogo, político e avogado. Doutorouse en Dereito nas universidades de Sevilla e Madrid. Estivo ligado á ILE (Institución Libre de Enseñanza) e no 1929 foi director do Museo Pedagógico Nacional. Apoiou as teses de Azaña para laicizar o ensino e militou no Partido Radical-Socialista. Foi ministro de Instrución Pública durante a Segunda República (1933-1934) e membro do padroado da Universitat Autònoma de Barcelona (1933). Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México. Baseou toda a súa pedagoxía no coñecemento da evolución biolóxica dos nenos e defendeu o concepto de paidoloxía como ciencia integral do neno ao abranguer as perspectivas biolóxica, psicolóxica e pedagóxica. É autor de Fuentes para el estudo de la paidología (1917), Paidología (1918), Influjo de la psicología en la pedagogía francesa (1921) e El desenvolvimiento del niño (1928).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sevilla

  • Deceso

    Lugar : México