"Rafael" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 122.
-
GALICIA
Artista plástico. Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios da Coruña e completouna na Escuela de Bellas Artes de Madrid. A temática de visións de interiores de edificios, cargados dun simbolismo onírico, foi unha das súas propostas nos anos noventa que plasmou na serie Museos (1998). Ilustrou El arte medieval hasta el año 1000. Desde el establecimiento de los visigodos a la conformación del románico, de Fernando de Olaguer-Feliú (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrador, debuxante e pintor. Formouse na Acadèmia Fortuny de Reus e na Escola de Belles Arts de Barcelona. No ano 1907 instalouse na Coruña. Cultivou a pintura, o cartel, o debuxo industrial, a ilustración e a confección de libros, entre outras actividades. Nas súas obras realizou unha descrición fría da realidade. Foi presidente da Asociación de Artistas da Coruña (1949-1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, escritor e xurista. Doutorouse en Madrid en Dereito (1862). Pertenceu ao partido demócrata e no 1863 marchou a Francia perseguido por conspirar contra Isabel II. Regresou a Madrid (1868) e foi membro da xunta revolucionaria do distrito centro, oficial do ministerio da Gobernación e deputado das Cortes Constituíntes por Mondoñedo (1869). Colaborou, entre outros, nos xornais El Látigo, La Democracia, La Discursión, El Pueblo e El Programa, e foi un dos fundadores de El Porvenir (1856). Foi coautor de Estudios sobre el derecho político: constituciones vigentes de los principales estados de Europa y América, precedidos de una reseña histórica de los mismos (1863). Escribiu Breves nociones de la historia de España (1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor. Militou na Unió Catalanista, da que foi secretario xeral, e no Estat Català. Foi subdirector e fundador do semanario Nosaltres Sols (1931-1934). Tamén fundou Edicións Mediterrània (1935), Editorial Dalmau i Jover (1945) e Rafael Dalmau, Editor (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marchante, pintor e restaurador. Instalado en Barcelona (1884), foi discípulo de Joan Brull (1896) e frecuentou Els Quatre Gats, onde realizou unha exposición individual. Fundou unha galería de arte en 1906 e foi director artístico da sala de arte da Llibreria Catalònia (1933-1936). Presentou a aqueles artistas que achegaban unha nova visión da arte e as grandes figuras internacionais. En 1917 publicou a revista 391, voceira do dadaísmo. Entre as mostras que promoveu destacan a Exposición de Arte Abstracto e a Exposición de Arte Moderno Nacional y Extranjero, ambas de 1929. Impulsou a Associació d’Artistes Independents (1936) e redactou o seu manifesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo. Membro da congregación da Santísima Trindade, foi nomeado bispo de Mondoñedo o 26 de novembro de 1618. Na súa única visita á diocese celebráronse catro sínodos. Estableceu reparticións gratuítas de cera para a Candelaria e o pago dunha milicia para a defensa de Ribadeo contra os ingleses. No verán de 1630, Filipe IV promoveuno como bispo de Tui, aínda que non chegou a ocupar este cargo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Rafaela Aparicio, debutou no teatro en 1931. Interpretou papeis secundarios nos anos cincuenta e sesenta. O seu primeiro gran papel foi en El extraño viaje (1964), seguido de Ana y los lobos (1972), Mamá cumple cien años (1975), El Sur (1983) e El año de las luces (1986), entre outras. Foi galardoada cun Premio Goya en recoñecemento á súa carreira profesional (1988) e co de mellor actriz (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi o sétimo fillo do matrimonio formado pola uruguaia de orixe brasileira Olegaria Gonçalves Silveira e o padronés Eladio Dieste Muriel, e recibiu no bautismo os nomes de Rafael, Francisco, Antonio, Olegario e Xoán. A familia regresara da emigración en Uruguay en 1888 e logo dunha estadía en Pontevedra entre 1888 e 1893, instalouse en Rianxo, onde o seu pai desempeñou o cargo de xuíz municipal. Rafael Dieste recibiu a súa formación inicial de mans do seu pai, quen lle ensinou as primeiras letras e francés, para asistir despois a varias escolas locais. Recibiu tamén instrucción de seus irmáns maiores: da súa irmá Olegaria as clases de piano, unha afección que o acompañará toda a vida, e de Eduardo, daquela xa escritor, o interese pola literatura, ao tempo que co seu amigo Castelao comezou a realizar os seus primeiros debuxos. Outras coordenadas da súa aprendizaxe están nos parladoiros aos que asistía co seu pai, no coñecemento dos vellos mariñeiros da súa vila e, sobre todo, nunha...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta finlandés. Cofundou as revistas vangardistas Ultra e Quos ego. Da súa produción destacan as obras Hårda Sånger (1922), Brödet Och Elden (1922), Tassiga lågor (1924), Stenkol (1927), Stark men mörk (1930), Janne Kubik (1932), Jordisk Öhmet (1938), Annorlunda (1948), Dikter (1955) e Meningar (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico e historiador de arte. Estudiou dereito e belas artes en València, onde foi profesor de historia da arte na Escola de Belles Arts. Foi profesor da Escuela Especial de Pintura de Madrid e en 1913 nomeárono director do Museo Nacional de Artes Industriales y Decorativas de Madrid. Dirixiu a Biblioteca de Arte Español e publicou, entre outros traballos, Sorolla, su vida y su arte (1909) e El nacionalismo en arte: notas sobre la vida contemporánea (1928). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Axudante do tamén fotógrafo Manuel Álvarez Bravo entre os anos 1973 e 1976, colaborou con diversas revistas de Europa e dos EE UU. Exerceu como membro do xurado de fotografía no Consejo Nacional para la Cultura y las Artes e participou no comité de selección da Galería Metropolitana da Universidad Autónoma de México. Editou diversos libros fotográficos, entre eles: Sobre algunos lenguajes subterráneos (1979), Ayuntamiento de Juchitán (1983) e Casa Santa (1986). Ademais, ilustrou diversos libros de arte; unha serie titulada Arte Prehispánico; dous tomos da Historia de las Indias de la Nueva España, de frei Diego Durán; outra serie titulada El Mundo Mixteco-Zapoteco, El Mundo Huaxteco-Totonaco e El Mundo Azteca; e sete libros da colección Novohispano e México Indio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Durancamps, foi discípulo de Joaquín Mir. Viaxou a Italia (1923) e instalouse en París (1926-1938), onde coñeceu a Picasso e Utrillo. A súa pintura evolucionou dende o impresionismo ao realismo. Cun debuxo sólido, as súas obras destacan polos contrastes de luces e sombras. Cultivou o bodegón, onde se achegou ao hiperrealismo, as paisaxes ao óleo e o tema taurino. Participou en diversas exposicións, entre outros lugares, en Barcelona, Madrid, Londres, Philadelphia e Bos Aires. A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Galería Pitti de Florencia e na Colección Caixanova. En 1920 gañou a Medalla de Honra no concurso de Marsiera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tipógrafo e dirixente obreiro. Foi uns dos creadores da Dirección Central das Sociedades Obreiras (outubro de 1868) e o principal animador, a partir de 1869, do Centro Federal de Sociedades Obreiras de Barcelona (1869). Ao principio estivo moi ligado ao republicanismo federal, pero posteriormente converteuse nun dos máis destacados anarquistas de Catalunya. Foi membro da Alianza da Democracia Socialista (1869), secretario da sección barcelonesa da I Internacional e director do xornal La Federación, de Barcelona. Participou nos congresos obreiros de Barcelona (1870), Córdoba (1872) e na Internacional da Haia (setembro de 1872). Formou parte dun consello federal clandestino da Federación Rexional Española da Asociación Internacional do Traballo (AIT) e participou na fundación da Federación de Traballadores da Rexión Española (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rafael Antonio Salazar Motos.
-
PERSOEIRO
Escritor. Exerceu a docencia e publicou a novela Loita (1927) na colección Lar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Da súa produción destaca Mar do cerne (1987), Son media ducia e parecen cen (1991) e As flores do meu amigo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Director da Escola de Canteiros de Pontevedra. Especializouse en urbanismo. No eido da restauración arquitectónica, traballou no convento de San Francisco de Pontevedra, na catedral de Tui, no mosteiro de Santa María de Armenteira e na citania de Santa Tegra (A Guarda). Colaborou coa Fundación Cultural Rutas del Románico, con diversos artigos na publicación Ruta Cicloturística del Románico e no catálogo da exposición De Jaca a Compostela por el Camino de Santiago (1999). Escribiu Descubrir el Románico por tierras de Pontevedra y el Camino de Santiago (1991 e 1996) e Fábricas de cantería (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, a súa pintura evolucionou dende formas próximas á abstracción ata as propostas da arte pop. O grafismo das súas obras relaciónase co cómic. Emprega as superficies planas con tons azuis, amarelos e carmíns perfilados pola liña negra. Participou en numerosas exposicións e a súa obra está en coleccións privadas e públicas de España e Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Rafael Canogar, foi discípulo de D. Vázquez Díaz en Madrid, onde tamén acudiu ao Círculo de Bellas Artes. Despois de desenvolver unha obra de características semellantes ás do seu mestre, interesouse pola obra de Picasso, Miró e outros vangardistas. Realizou a súa primeira mostra individual en 1954 e ao ano seguinte comezou a realizar as primeiras abstraccións que dende 1957 adquiriron un carácter informalista. En 1957 participou na fundación do grupo El Paso. En 1964 abandonou o informalismo e desenvolveu un novo realismo, cunha forte intención crítica ata que en 1975 retornou á abstracción xeometrizante. Participou en numerosas exposicións e recibiu, entre outros galardóns, o Gran Premio Internacional da Bienal de São Paulo (1971) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Perito agrícola e xornalista. Dirixiu o periódico La Juventud (1881-1882) e foi colaborador de El Buscapié, El Miño e El Noroeste. Escribiu Estudio histórico de las murallas de Lugo (1900).
VER O DETALLE DO TERMO