García Gómez, Rafael
Pintor. Coñecido como Rafael Canogar, foi discípulo de D. Vázquez Díaz en Madrid, onde tamén acudiu ao Círculo de Bellas Artes. Despois de desenvolver unha obra de características semellantes ás do seu mestre, interesouse pola obra de Picasso, Miró e outros vangardistas. Realizou a súa primeira mostra individual en 1954 e ao ano seguinte comezou a realizar as primeiras abstraccións que dende 1957 adquiriron un carácter informalista. En 1957 participou na fundación do grupo El Paso. En 1964 abandonou o informalismo e desenvolveu un novo realismo, cunha forte intención crítica ata que en 1975 retornou á abstracción xeometrizante. Participou en numerosas exposicións e recibiu, entre outros galardóns, o Gran Premio Internacional da Bienal de São Paulo (1971) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1982).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Toledo