"Rante" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 190.

    1. Apelido de orixe toponímica. O nome de lugar remite á base precéltica *bar ‘outeiro, elevación’.

    2. Liñaxe que ten a súa orixe no arcebispado de Santiago de Compostela, na parroquia de San Vicente de Barrantes, concello de Tomiño. A primitiva casa desta estirpe foi a torre e o couto de Barrantes, na freguesía de Santo André de Barrantes, concello de Ribadumia, que por sucesivos enlaces matrimoniais cos Aldana e Maldonado pasou á casa dos Soutomaior. Estendeuse posteriormente por Castela, Extremadura e Andalucía, chegando incluso a América. As súas armas levan, en campo de goles, unha banda de ouro, engulida en cabezas de dragóns de sinople, lampasados de goles; bordo de goles con oito cruces de santo Andrés de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento asinado en outubro de 1930 por representantes do Nacionalismo, do Republicanismo e do Agrarismo galegos nunha xuntanza celebrada no pazo de Barrantes, en Ribadumia. Tiñan como finalidade fixar unha serie de obxectivos comúns como a liquidación do caciquismo e do centralismo, a consecución da autonomía plena de Galicia e a consolidación dun réxime político que emanase da soberanía popular; tamén pretendía a cooficialidade do galego e do castelán, a galeguización do ensino e a liberalización da terra e do labrego. Entre os asinantes figuraban Castelao, Otero Pedrayo, Casares Quiroga, Portela Valladares, Basilio Álvarez e Peña Novo, entre outros persoeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Ribadumia. Trátase dunha construción do século XVI con reformas posteriores do s XVIII. Foi sede da sinatura do Pacto de Barrantes en setembro de 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro beneditino situado no concello de Tomiño. Non se coñece a data da súa fundación, pero sábese que foi restaurado polo monarca Afonso VII no ano 1138 e que o mesmo Rei foi quen o doou á Igrexa de Tui á que pertenceu a partir desa data.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello de Tomiño. É un templo románico que formou parte do desaparecido mosteiro de San Salvador de Barrantes. Documentado desde 1138, a igrexa pasou á xurisdición do cabido da Catedral de Tui en 1435 por mor da falta de monxes. A primitiva nave foi transformada e ampliada. Consérvase a ábsida, rectangular no interior e semicircular no exterior, cuberta cunha bóveda de cuarto de esfera, mentres que o presbisterio presenta unha bóveda de canón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concedido por Filipe IV, por Real Despacho do 13 de decembro de 1654, a Mauro de Caamaño Mendoza e Soutomaior, procurador en Cortes por Galicia, señor das casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía e, posteriormente, I marqués de Vilagarcía. Rodrigo Barrio e Álvarez de Lorenzana, IX vizconde e marqués de Vilagarcía, cedeu o marquesado de Vilagarcía reservándose o vizcondado de Barrantes pero, ao non obtelo, declarouse vacante, e o 5 de xuño de 1870 foi suprimido. O título foi reclamado por Xoán Álvarez Lorenzana e Guerreiro quen, tras conseguir a súa rehabilitación o 27 de outubro de 1870, se converteu no X vizconde de Barrantes. Leva como armas as dos Caamaño: en campo de ouro, un brazo alado, vestido de sinople, movente do flanco sinistro, coas ás de prata e sostendo na man unha coroa de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está en guerra.

    2. Aplícase ao estado que participa nun conflito bélico e que está obrigado a respectar na súa actuación as normas internacionais sobre a guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barbeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás substancias que conteñen hidrocarburos e son actas para a carburación.

    2. Combustible líquido, constituído fundamentalmente por hidrocarburos, que se utiliza nos motores de combustión interna. A principal característica que ten que posuír, para que o motor acade a potencia máxima, é a de resistir compresións elevadas sen producir detonacións. Ao superar unha determinada relación de compresión do motor, a mestura carburante-aire acéndese espontaneamente (autoarranque) e produce unha onda expansiva que fai que diminúa o rendemento. Os diferentes hidrocarburos teñen unha resistencia á detonación crecente segundo a orde: parafinas, isoparafinas, olefinas, cicloparafinas e aromáticos. O poder antidetonante dun carburante, que se mide polo índice de octano, pódese mellorar variando a composición química ou por adición de pequenas cantidades de certos compostos orgánico-metálicos, como o tetraetilchumbo, que inhiben a formación de peróxidos explosivos. Non obstante , estanse deixando de utilizar estes aditivos polo seu alto poder contaminante; isto supón unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce castración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Mariña do Castro de Amarante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santo Estevo do Castro de Amarante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Antas de Ulla, pertenceu ao señor de Amarante. Este reconstruíu a casa nobiliar no s XVIII aproveitando os muros de cadeirado da torre de cachotería do que fora unha fortaleza de orixe medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa-fortaleza, tamén coñecida como Pazo de Torre Penela, situada en Antas de Ulla. De orixe medieval, foi modificada en períodos posteriores. Ten planta rectangular, na que destacan restos do paramento orixinario, a torre brasonada coas armas dos Vázquez e Taboada, e a balconada sobre canzorros dun dos laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que celebra algo.

    2. Persoa que é o axente principal nunha cerimonia litúrxica, especialmente o sacerdote que di a misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a propiedade de colorar.

    2. Substancia capaz de transmitir un grao determinado de coloración a outros corpos ao absorberse ou reaccionar con eles. A maior parte dos colorantes modernos son produtos orgánicos de síntese, coloreados moi intensamente, capaces de dar unha coloración de determinada permanencia e solidez a un soporte. A súa aplicación principal é a tintura de tecidos, papel, coiro, plásticos, derivados do petróleo e alimentos. Un colorante comercial defínese por dous grupos de características: as do proceso de aplicación (solubilidade, afinidade e velocidade de tintura) e as do produto tinguido (matiz, intensidade da cor, solidez fronte á luz, lavado, axentes de branqueo e duración, entre outras). O amplo abano de colorantes existentes defínense segundo o método de aplicación e segundo a súa constitución química. Desde o punto de vista do método de aplicación clasifícanse en: ácidos, fixados aos tecidos grazas á presenza na súa molécula de grupos ácidos, útiles para tinguir la, seda e poliamidas;...

      1. Substancia empregada en microscopia para tinguir as estruturas citolóxicas e histolóxicas que se queren observar. Os primeiros foron de orixe vexetal ou animal; pero substituíronse case todos por colorantes sintéticos.

      2. co-lorante ácido

        Composto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes básicos das células dun corte histolóxico. Os principais colorantes ácidos son as anilinas ácidas, como a eosina, a eritrosina, a fluoresceína e o vermello Congo.

      3. colorante básico

        Composto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes ácidos das células dun corte histolóxico. Os principais colorantes básicos son os carmíns, as anilinas básicas e as hematoxilinas. Ademais dos colorantes ácidos e básicos, hai algúns neutros, como o Sudán III ou o vermello escarlata, que tinguen as graxas.

    3. Aditivo alimentario empregado para proporcionar unha determinada cor ou reforzar a cor natural, e para producir un efecto psíquico no consumidor, estimulando a apetencia do produto sen alterar as súas calidades nutritivas ou de conservación. Segundo a súa natureza química pódense agrupar en colorantes inorgánicos, orgánicos naturais ou orgánicos de síntese. Para todos eles hai un control estricto no código alimentario de cada estado. Os colorantes inorgánicos, en xeral, son pouco utilizados, pero para casos especiais empréganse o bióxido de titanio, o negro de fume, o óxido de ferro, a prata metálica, etc. Entre as substancias naturais empregadas para colorear alimentos destaca a clorofila, o β-caroteno, a lactoflavina (ou riboflavina), o caramelo, a cúrcuma, etc. O uso de colorantes de síntese está en retroceso, e está estritamente controlado co fin de asegurar unha toxicidade mínima. As disposicións lexislativas tenden a reducir e unificar os colorantes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Se se compara a.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Se se compara con.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen concelebra.

    VER O DETALLE DO TERMO