Barrantes

Barrantes
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. O nome de lugar remite á base precéltica *bar ‘outeiro, elevación’.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que ten a súa orixe no arcebispado de Santiago de Compostela, na parroquia de San Vicente de Barrantes, concello de Tomiño. A primitiva casa desta estirpe foi a torre e o couto de Barrantes, na freguesía de Santo André de Barrantes, concello de Ribadumia, que por sucesivos enlaces matrimoniais cos Aldana e Maldonado pasou á casa dos Soutomaior. Estendeuse posteriormente por Castela, Extremadura e Andalucía, chegando incluso a América. As súas armas levan, en campo de goles, unha banda de ouro, engulida en cabezas de dragóns de sinople, lampasados de goles; bordo de goles con oito cruces de santo Andrés de ouro.