"Rao" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 91.

    1. Relativo ou pertencente a Láncara ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Láncara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. A súa obra inscribiuse dentro do posformalismo ou nova abstracción. Fundou o Museo A Solaina en Piloño. Recibiu o diploma de honor do Salón de la Marina de Caracas, o Premio Especial Investigación Putra Grumbacher Internacional de Caracas e o Primeiro Premio Creatividad do Ministerio de Educación de Venezuela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Meira ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Meira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Folgoso do Courel baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Exerceu como profesor na Universidade de Lisboa desde 1957, sendo un firme opositor á ditadura de Salazar. Fundador da revista Tábola Redonda (1950), o seu primeiro éxito foi Secreta Viagem (1950). Da súa extensa bibliografía destacan Hospital das Letras (1966), As Quatro Estações (1980), Os Ramos os Remos (1985) e Tópicos recuperados (1992). Recibiu o Prémio APE (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo oraon ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo oraon.

    3. Pobo dravídico que habita no altiplano de Chotanāgpur (India). Como medio de subsistencia practican a agricultura dun xeito primitivo, con cultivos de arroz e millo. A estrutura social baséase no clan totémico e practican o matrimonio exogámico e normalmente monogámico.

    4. Lingua do phylum drávida que fala o pobo oraon. Recibiu a influencia das linguas munda e, sobre todo, do indoario.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obra construída á beira do mar, dun lago ou dun río navegable, que serve para facilitar o embarque e desembarque de persoas e mercadorías e, ás veces, de refuxio das naves. Consiste nunha plataforma alongada, disposta ao longo da ribeira ou avanzando artificialmente cara a auga, e que limita os fondeadoiros, e nos que se poden situar almacéns, estacións marítimas, guindastres ou vías de tren.

      2. Plataforma de embarque ou desembarque de pasaxeiros ou mercadorías nunha estación de tren ou de metro.

      3. peirao de embarque

        Tubo telescópico de grandes dimensións que, a xeito de túnel, permite que os pasaxeiros dun aeroporto accedan desde a sala de embarque ao interior do avión e viceversa, sen saír ao exterior. O tubo vai montado sobre un sistema de rodas automotrices e un conxunto de dispositivos hidráulicos que permiten levar o extremo do mesmo ata a porta de acceso do avión.

    1. Presa situada no leito dun río de onde saen as canles que levan a auga ao muíño ou aos pastos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación veciñal aparecida en Vigo a partir de febreiro de 1983. Subtitulouse “Periódico da Asociación de Veciños Casco Vello-Vigo Centro”. Ademais das novidades da propia asociación, realizou unha análise dos problemas que máis incidían na cidade olívica. Ao redor do ano 2000 tivo unha segunda época de edición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Inventou o método dos saltos, co que conseguiu licuar, por vez primeira (1877), algúns dos gases considerados permanentes, como por exemplo o osíxeno e o nitróxeno, con independencia de L. Cailletet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curso superior que se estuda despois de obter o grao de licenciatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grao empregado para medir a cantidade de alcohol que hai nunha mestura de alcohol e auga. Cómpre distinguir o estadounidense do británico. Unha mestura de alcohol e auga ten un grao proof spirit estadounidense cando o 50% do volume é de alcohol, e ten 1 grao proof spirit británico se, a 11°C, o alcohol pesa 12/13 veces un volume igual de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervalo térmico correspondente a cada unha das divisións da escala Rankine de temperaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Ulla, que nace na serra de Ligonde e drena a parroquia de Bidouredo (Monterroso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Navia pola dereita que nace na parroquia de Rao e desemboca na de Muñís (Navia de Suarna).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor indio. Hinduísta, formouse nas universidades de Montpellier e París. Publicou Kanthapura (1938), Ganga and Her Sisters (1937), The Serpent and the Rope (1960), The Chessmaster and his Moves (1988) e On the Ganga Ghat (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico-químico francés. Estudou as solucións diluídas, sobre as que deu a coñecer a lei do seu nome. Perfeccionou a ebulioscopia e a crioscopia. Estudou a forza electromotriz das pilas galvánicas, a calor de reacción e a compresibilidade das solucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación descuberta por F. M. Raoult no ano 1887 ao estudar a presión de vapor de solucións salinas. Estableceu que o descenso relativo da presión de vapor dun líquido puro (i) ao disolver nel unha substancia non volátil (s), é proporcional á fracción molar desta: (pi0 - pi) / pi0 = xs = 1 - xi. A lei de Raoult pode ser tamén aplicada a mesturas líquidas binarias e de orde superior coa seguinte formulación: a presión de vapor parcial do compoñente i (pi) é igual á presión de vapor do líquido i (pi0 ) puro á mesma temperatura multiplicada pola súa fracción molar na mestura pi = pi0 xi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervalo térmico correspondente a cada unha das divisións da escala Réaumur de temperaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO