Raoult, lei de
Raoult, lei de
[FÍS/QUÍM]
Relación descuberta por F. M. Raoult no ano 1887 ao estudar a presión de vapor de solucións salinas. Estableceu que o descenso relativo da presión de vapor dun líquido puro (i) ao disolver nel unha substancia non volátil (s), é proporcional á fracción molar desta: (pi0 - pi) / pi0 = xs = 1 - xi. A lei de Raoult pode ser tamén aplicada a mesturas líquidas binarias e de orde superior coa seguinte formulación: a presión de vapor parcial do compoñente i (pi) é igual á presión de vapor do líquido i (pi0 ) puro á mesma temperatura multiplicada pola súa fracción molar na mestura pi = pi0 xi.