"Sado" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 221.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten enfeites ou que é arrevesado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
erso da métrica clásica composto dun dobre adónico, isto é, dous pés dáctilos e dous troqueos. Utilízase o termo para se referir ao decasílabo composto polirrítmico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia do centro de Francia que se corresponde ao actual departamento de Alier e cunha parte do departamento de Cher. Constitúe unha área de transición entre o Macizo Central e a conca de París, e está drenada polo río Cher e polo Alier. A súa agricultura está baseada no cultivo de trigo e forraxe, alimento, este último, da gandería bovina. As cidades son en xeral mercados agrícolas, como Moulins, capital da provincia. Na época gala esta rexión estivo poboada polos arvernos, os eduos e os bitúrigos cubios (cubi). Conquistada polos romanos (arredor do 58 a C), foi posteriormente ocupada polos visigodos (477) e polos francos (principios do s VI). No s X apareceu a señoría de Borbón. Aimard ou Adhemar (s X) foi o primeiro dos señores do Borbonesado; o seu neto Archambaud II (? - 1034) consolidou a dinastía Borbón-Archambaud no poder. Roberto de Clermont (1256 - 1317), fillo de Luís IX, adquiriu o Borbonesado ao casar con Beatriz de Borbón (1278). En 1327 Carlos IV converteu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Filipe V o 12 de xullo de 1701 a Xoán Nicolao Espinosa e Feixóo, cabaleiro de Santiago e rexedor perpetuo de Ourense. Tiñan xurisdición sobre Santa María de Bóveda, Castro e Ladeiro e Portomarín. As súas armas eran as dos Espinosa e dos Coutolongo.
-
-
Nas representacións heráldicas, dise da peza ameada polos seus perfís e coas ameas de cada perfil opostas simetricamente unha á outra.
-
Dise da cruz que leva ameas nos seus bordos.
-
Aplícase a unha faixa, banda ou barra dentada.
-
Dise de calquera peza ameada nas representacións heráldicas.
-
-
-
Nas representacións heráldicas, dise do cabria que ten a punta rota en ángulo recto.
-
Nas representación heráldicas, dise de calquera peza ou figura que está rota.
-
Aplícase ás armas de familia que levan brisura, isto é, algunha adición, diminución ou alteración que permite distinguir as armas dos fillos das dos pais; a do primoxénito, da dos segundos; a destes, da dos terceiros, etc.
-
-
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo. Mestre de danza en diversas agrupacións da Coruña, obtivo o I premio individual de baile na romaría de Santa Margarida (A Coruña, 1943), feito que lle abriu as portas do grupo Cántigas da Terra do que foi primeiro bailarín ata 1960. Posteriormente foi bailarín e coreógrafo da Sociedad Cultural Artística Lembranza do Arte e en 1966, da man de Antón Naveira Goday, mestre de baile e coreógrafo da Agrupación Folclórica Aturuxo. Paralelamente, realizou un gran labor de investigación do folclore que orixinou a incorporación ao repertorio de Aturuxo de varias pezas como a Muiñeira de Lañas ou o Fandango muradán, hoxe tradicionais na música galega. O seu libro Debullando folclore, é unha escolma de contos, refráns e bailes populares. Foi autor das estampas costumistas: Suite Gallega, estreada en varias cidades de Europa e América, Romaría galega e Noite de meigallo e esconxuro (baseada nas supersticións da noite de San...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de cansar.
-
Que produce cansazo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que posuían a condición de teren muller, para diferencialos doutros cos que compartían o mesmo nome e apelido, pero que estaban solteiros. Documéntase no s XII: “Petro Casado” (doc ano 1159 en P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 290). Na época medieval tamén se atesta en feminino aplicado a mulleres: “Maria Casada” (doc ano 1487 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 236).
-
-
de casar.
-
Que ou quen contraeu matrimonio. Na tradición oral recóllense ditos como: “A casada ben composta queita o seu home doutra porta. A que non ten sogra nin cuñada, esa é a ben casada. Casada, de vós din mal: que digan que xa calarán, ou xa cansarán. Casado por amores, casado con dores. Casado sen leito é como casa sen teito. O casado casa quer, e o solteiro quer muller”.
-
Aplícase á persoa que mantén unha relación de parella estable.
-
Aplícase á persoa que cambiou os seus hábitos de solteiro polos de casado.
-
-
GALICIA
Sindicalista. Responsable do Partido Comunista de España (PCE) na comarca do Bolo. Retornou en 1932 de Euskadi e dedicouse a actividades propagandísticas entre os traballadores do ferrocarril que se estaba a construír entre A Gudiña e Vilar de Barrio. Destacada oradora e organizadora, foi asasinada en agosto de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Federico de Madrazo. É autor de El juramento de las Cortes de Cádiz en 1810 (1862) e de La rendición de Bailén (1864), obra na que recuperou o esquema compositivo que empregara Velázquez en La rendición de Breda. Compensou os defectos da retórica propios da pintura histórica cunha caracterización dos personaxes plasmada en La leyenda del rey monje, tamén coñecida polo nome de La campana de Huesca (1881), e Santiago en la batalla del Clavijo. Cultivou tamén o retrato e representou, entre outros, a Isabel II, Espartero e Castelar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor cinematográfico. Coñecido como Fernando Rey, traballou no cine, na televisión, no teatro e na radio. Os seus filmes evolucionaron dende as realizacións históricas da posguerra ata o surrealismo. Da súa numerosa produción cinematográfica cómpre citar: Agustina de Aragón (1950), Cómicos (1954), Viridiana (1961), Tristana (1969), French Connection (Conexión francesa, 1971), Le charme discret de la bourgeoisie (O discreto encanto da burguesía, 1972), Ese obscuro objeto del deseo (1977), Bearn (1983), El aire de un crimen (1988), coa que conseguiu o premio de mellor actor no festival cinematográfico de San Sebastián, e Madregilda (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Coñecido como Luís Ksado, deu a coñecer a súa obra fotográfica a partir dos anos trinta. Aos seis anos de idade trasladouse a vivir a Ourense, e xa con dez anos entrou como aprendiz no estudo fotográfico de Xosé Pacheco. En 1915 estableceu o seu propio estudo na rúa do Vilar, en Santiago de Compostela, e nos anos vinte abriu outro obradoiro fotográfico en Vigo. Colaborou en numerosos medios como Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Galicia e Vida Gallega. En 1911 foi correspondente de El Nuevo Mundo. Ao longo da súa vida publicou fotografías en distintas publicacións españolas como ABC, Agora, La Esfera, Mundo Gráfico, LaVanguardia, Céltiga e noutras arxentinas como La Nación, La Prensa e Diario de la Marina. Expuxo en Ponferrada, Betanzos, Vigo, Bos Aires e Madrid. En 1928 editou Estampas Compostelanas, unha colección de fotografías que incluía monumentos, rúas e panorámicas da cidade compostelá. Relacionouse co círculo de intelectuais galeguistas do Seminario de Estudos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Xefe da escolta do presidente da República entre 1934 e 1936. Durante a Guerra Civil ocupou altos cargos no exército republicano. En febreiro de 1939 foi nomeado xefe do estado maior do exército, cargo que non chegou a ocupar ao alzarse contra o goberno de Negrín e constituír o Consejo Nacional de Defensa o 4 de marzo do mesmo ano. Intentou negociar a paz co goberno de Burgos, pero finalmente tivo que ordenar a rendición dos exércitos republicanos. Exiliouse en Londres onde foi colaborador na BBC co alcume de Juan de Padilla; dende alí marchou a América do Sur e en 1961 regresou a España. Escribiu as obras: The Last Days of Madrid (Os últimos días de Madrid, 1939) e Así cayó Madrid (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e narrador. Cursou estudios de dereito na Universitat Autònoma de Barcelona. A súa obra poética comprende os libros: Rexistro de menores espantos (1973), Os preludios (1980) e Libro de Caldelas (1982). Algúns dos seus poemas foron musicados por Miro Casabella, como “O meu país”, ou por Bernardo Xosé, como “O afiador”. Realizou en colaboración co seu pai, Manuel Casado Nieto, unha escolma de poetas europeos titulada Mostra antolóxica de poetas contemporáneos (1981). Como narrador é autor das novelas O inverno do lobo (Premio Blanco Amor 1985) e Os brasileiros (1986). Xunto con X. M. Salgado publicou X. L. Méndez Ferrín (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e escritor. Estudiou ciencias exactas e dereito en Santiago de Compostela e Madrid. En 1935 ingresou por oposición na Maxistratura, na categoría de fiscal. Tras pasar polas audiencias de Oviedo e Pontevedra, trasladouse a Barcelona, cidade onde desempeñou o cargo de avogado fiscal e na que residiu ata a súa morte. Foi presidente da Federación de Sociedades Rexionais e Provinciais e do Centro Galego de Barcelona dende a década dos cincuenta ata os setenta, cargo que lle permitiría levar a cabo un gran labor difusor da cultura galega en Catalunya. Foi director da revista Alborada e colaborou con asiduidade en diversas publicacións. Ademais da edición de varios libros de temática xurídica, iniciou a súa actividade literaria co sainete en verso Amor e eleuciós (1930), ao que seguiron os seus poemarios Orballo ispido (1954), O ronsel do meu silenzo (1955), Canta de lonxe o corazón do tempo (1969) e a antoloxía poética Vendima (1982)....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que trae como armas, en campo de sinople, unha casa de ouro.
-
PERSOEIRO
Violoncellista e compositor. Discípulo de Pau Casals, como concertista acadou renome internacional. Foi profesor da Academia Chigiana de Siena e, desde 1958, da Staatliche Hochschule für Musik de Colonia. A súa obra comprende pezas para violoncello, piano, orquestra, guitarra e cuartetos. Dende 1969 celébrase o Concurso Internacional de Violoncello Gaspar Cassadó, instituído polo Ente Autonomo do Teatro Comunale de Florencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título señorial portugués concedido no 1598 en favor do embaixador Cristovão de Moura (1538-1613), vicerrei de Portugal, conde de Castelo Rodrigo (1594) e de Lumiares. O título foi declarado perpetuo en 1621 para o seu fillo Manuel de Moura e de Corte Real (morto en 1652), gobernador de Flandres e grande de España.