"Sello" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 52.

  • Organismo que exerce as funcións de control e que garante a especificidade e a calidade na maioría das denominacións protexidas de produtos agroalimentarios. Como norma común supervisa, para todos os elaboradores inscritos nunha determinada denominación, que todas as fases do proceso produtivo se axustan ao detallado na normativa específica e protexe aqueles produtos que cumpren estas condicións, de acordo coas características finais esixidas -para o que se realizan, en moitos casos, análises químicas- e, principalmente no caso dos viños, superan un exame organoléptico. Aos produtos avaliados, como norma xeral, concédeselles unha etiqueta identificativa numerada. En Galicia, contan cun Consello Regulador as Denominacións de Orixe: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra e Queixo Tetilla; e as Denominacións Específicas: Orujo de Galicia, Lacón Gallego e Ternera Gallega. Os Órganos Rectores da Denominación de Orixe Queixo de Arzúa-Ulloa e dos Produtos Galegos de Calidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo sindical que procura dar resposta aos problemas sociais, laborais e sindicais comúns aos traballadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Procura a mellora das condicións sociolaborais dos traballadores e garante a cooperación sindical transfronteiriza. Presidida por Xoán Castro, reúne os sindicatos do Norte de Portugal e Galicia pertencentes á Confederación Europa de Sindicatos (CES): Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia, União Geral de Trabalhadores do Norte de Portugal e Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses-Intersindical Nacional do Norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de ámbito autonómico, creado pola Lei 5/1987, do 27 de maio, e modificado pola Lei 11/1989, do 20 de xullo. As súas funcións son, entre outras: facilitar o intercambio de información e consultas entre as universidades galegas; elaborar programas conxuntos de actuación para solucionar os problemas e as necesidades do sistema universitario de Galicia; emitir o informe sobre as propostas de creación de novas universidades e de creación, modificación ou supresión de centros, titulacións universitarias e institutos de investigación; dar a coñecer os novos plans de estudo impartidos nas universidades galegas; propoñer a organización conxunta de estudios entre as universidades, especialmente no que se refire a terceiros ciclos, estudios de posgrao e titulacións que non teñan carácter oficial no Estado; emitir informes sobre os programas de investimentos no sistema universitario de Galicia feitos directamente pola Comunidade Autónoma galega; garantir a racionalización dos estudios, dos servicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Francia, que engloba os departamentos de Aude, Hérault, Gard, Losera e Pireneos Orientais (27.376 km2; 2.295.648 h [1999]). A capital é Montpellier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ciclista. Cinco veces campión do mundo en pista (1996, 1998 e 2000 na proba de puntuación, e 1997 e 1999 na proba de americana), foi campión olímpico na proba de puntuación en Sydney 2000. En 2001 foi galardoado co Premio Nacional del Deporte Don Felipe de Borbón e co Premio Ramon LLull á actividade deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, historiador e filósofo bizantino. Ensinou filosofía na restaurada Academia de Constantinopla, ao tempo que alcanzaba os cargos máis altos da administración baixo o reinado de diversos emperadores. Ademais de obras de interese filolóxico, escribiu Eloxios fúnebres, dedicados aos grandes patriarcas da época, Eloxios, dedicados a coetáneos ilustres, a Acta de Acusación de Miguel Cerulario, centenares de Letras e a súa obra máis destacada, Cronografía, relato da historia de Bizancio desde 976 a 1077.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca histórica catalá situada no S de Francia, na rexión histórica francesa de Rosellón, que está integrada tamén por parte de Sardeña. Coincide, aproximadamente, co departamento francés de Pireneos Orientais. Polo Tratado dos Pireneos (1659) pasou a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Rosellón ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Rosellón.

    3. ariedade de catalán que se fala nas comarcas catalás do outro lado dos Pireneos (Rosselló, Vallespir, Conflent e Capcir). OBS: Tamén se denomina catalán setentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (1.902 h [2001]). Predomina a agricultura de regadío que se complementa coa gandaría. A industria está representada polos sectores papeleiro e téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión de trinta cidadáns oligarcas, chamados tamén os Trinta e os Trinta Tiranos, instituída en Atenas tras a derrota ante Esparta (404 a C). Levaron a cabo feroces persecucións dos partidarios da democracia e despois dun ano de dominio foron depostos nunha revolta, na que participou decisivamente Trasibulo.

    VER O DETALLE DO TERMO