"Sever" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 51.

  • PERSOEIRO

    Teólogo. Monxe e presbítero, foi enviado en 509, a Constantinopla por protestar polas persecucións monofisitas. Converteuse en patriarca de Antioquía en 512, foi favorable ao Henōtikón. Deposto polo Emperador Xustino (518), fuxiu a Exipto, onde desenvolveu unha grande actividade literaria durante dez anos. Ao retornar a Antioquía, frecuentou Constantinopla, onde coa protección da Emperatriz Teodora, traballou pola causa monofisita ata que, novamente exiliado, en 536 se refuxiou definitivamente en Exipto. As súas obras conserváronse sobre todo en traducións siríacas, destacan a colección de Cartas e unha serie de 125 Homilías; moitas das súas composicións poéticas consérvanse no Oktoekhos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ravenna. Tecelán de profesión, unha pomba pousoulle na cabeza mentras agardaba a elección do bispo e foi el o elixido. Viste con mitra, como bispo, e leva un peite para cardar a la e unha pomba sobre o ombreiro, como atributos persoais. A súa festividade celébrase o 1 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alexandre Severo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (306-307). Proclamado césar grazas á intervención de Galerio, chegou a augusto despois da morte de Constancio. Loitou contra Maxencio, pero foi traizoado e tivo que refuxiarse en Ravenna, onde se rendeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Barcelona (615-636). Morreu furándolle a cabeza cun cravo. Represéntase vestido de pontifical, con casula ancha, mitra e báculo, como bispo; cun cravo afundido no cranio e ás veces cunha pomba, xunto á cabeza, como atributos persoais. A súa festividade celébrase o 6 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Arkhangel’sk, Rusia (230.000 h [estim 1992]). Situada á beira do delta do Dvina Setentrional, preto do golfo de Dvina, no Mar Branco, ten estaleiros e construcións mecánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía de emperadores romanos que exerceron o poder supremo entre 193 e 235, coa excepción dun breve intervalo (217-218), en que gobernou Macrino. Foron Setimio Severo, Caracalla, Xeta, Heliogábalo e Alexandre Severo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. De nome Igor Vasil’evič Lotarev, foi compañeiro de Majakovskij e un gran dominador e innovador da lingua e da poesía. Destacan Zarnicy mysli (Raios de pensamento, 1908) e Kolokola sobora čustv (Dos sentimentos da campá da catedral, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. Levou unha vida ascética en Primuliacum, no Périgueux, baixo o influxo de Paulino de Nola e Martiño de Tours. Escribiu Chronicorum libri duo e os escritos haxiográficos ao redor de Martiño de Tours, Vita Martini e Dialogi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Foi director do Teatro Real de Copenhaguen desde 1873. Das súas composicións destacaron as Catro sinfonías norueguesas (1872-1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Drobeta-Turnu Severin.

    VER O DETALLE DO TERMO