Severo, san

Severo, san

Bispo de Barcelona (615-636). Morreu furándolle a cabeza cun cravo. Represéntase vestido de pontifical, con casula ancha, mitra e báculo, como bispo; cun cravo afundido no cranio e ás veces cunha pomba, xunto á cabeza, como atributos persoais. A súa festividade celébrase o 6 de novembro.