"Sind" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 167.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional constituída na Haia en 1920. Integrada por sindicatos de obediencia protestante e católica, reconstituíuse no ano 1968, cando abandonaron toda referencia ao cristianismo e adoptaron o nome de Confederación Mundial do Traballo.
-
ENTRADA LARGA
Sindicato de clase fundado o 19 de marzo de 1994 no que converxen a Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN) e a Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), que asinaron un pacto de alianza o 2 de abril de 1990. Ten como obxectivo principal a mellora progresiva e xeral dos intereses dos traballadores, da propia organización e do conxunto da sociedade galega. O ámbito territorial no que desenvolve a súa actividade é a Comunidade Autónoma de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
Órganos, estrutura e obxectivos
Os órganos de dirección son o Consello Confederal, máximo organismo entre congresos; o Secretariado, que ten como finalidade facer o seguimento da acción sindical e reivindicativa sectorial e comarcal; e a Executiva Confederal. O secretario xeral, que exerce a máxima representación, e o presidente, que representa a central sindical en actos de especial relevancia, son cargos unipersoais elixidos nos congresos. A organización territorial vertébrase... -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical xurdida en 1980 ao escindirse da Unión Sindical Obrera (USO). En setembro de 1982 unificouse coa Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) e deu lugar á INTG-CSG. En 1985 abandonou a INTG e foi unha das fundadoras da Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical xurdida en 1985 da escisión da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). Formárona a Central de Traballadores Galegos (CTG) e a Confederación Sindical Galega (CSG); entre outras forzas sindicais, uníronse o Sindicato de Traballadores Forestais, o Sindicato do Ensino Privado de Galicia e o Sindicato Galego da Sanidade (SGS). En 1990 formou a coalición electoral Converxencia Intersindical Galega coa Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), que en 1993 se converteu na Confederación Intersindical Galega (CIG).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo sindical que procura dar resposta aos problemas sociais, laborais e sindicais comúns aos traballadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Procura a mellora das condicións sociolaborais dos traballadores e garante a cooperación sindical transfronteiriza. Presidida por Xoán Castro, reúne os sindicatos do Norte de Portugal e Galicia pertencentes á Confederación Europa de Sindicatos (CES): Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia, União Geral de Trabalhadores do Norte de Portugal e Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses-Intersindical Nacional do Norte de Portugal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición de carácter electoral formada en 1990 pola Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) e pola Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN). En 1993 converteuse na Confederación Intersindical Galega (CIG).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma clínica benigna da esclerodermia caracterizada por calcinose, fenómeno de Raynaud, esclerodactilia e telanxiéctase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hiperfunción corticosuprarrenal cun exceso da segregación de glicocorticoides, descrita por H. W. Cushing. Pode ser primaria, cando a alteración só é cortical, ou ben secundaria debido a un aumento da produción da ACTH hipofisaria, caso no que se denomina enfermidade de Cushing. Máis frecuente en mulleres, caracterízase pola obesidade da cara e do tronco, estrías abdominais da cor do viño, atrofia muscular, osteoporose, hipertensión arterial, hiperglicemia, amenorrea e impotencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación da estrutura ecónomica dunha área concreta, onde o sector industrial representaba previamente unha gran porcentaxe na produción e na distribución da poboación ocupada. Este cambio pode enmarcarse dentro dun proceso de desenvolvemento ou, polo contrario, pode ser consecuencia dunha grave crise. No primeiro caso, débese ao traslado das instalacións industriais cara a outras localizacións con condicións máis favorables para o desenvolvemento das actividades (solo máis barato, mellores comunicacións cos mercados e cos provedores de materias primas ou marco fiscal e lexislativo máis propicio), pero os centros de decisión mantéñense na área de orixe, que experimenta unha terciarización da súa economía. No segundo caso, a desindustrialización pode ser resultado dunha perda de competitividade que finalmente derive na inviabilidade das actividades industriais instaladas nesa área, de xeito que se xeran un conxunto de problemas sociais e económicos que poden levar ao declive dos centros...
-
-
Someter a desindustrialización.
-
Producirse unha desindustrialización.
-
-
GALICIA
Poeta. Correspondente de Faro de Vigo, publicou El Jardín de los romances (1947). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1953.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe nun hipocorístico. Probablemente sexa unha forma con aférese procedente do nome latinizado de orixe xermánica Ildosindus, formado polas voces hildi ‘combate, loita’ e swind ‘forte’. Xa nos textos medievais se recollen múltiples formas, como Ildosindo e Eldosindo (masculinas) ou Ildosinda, Eldosinda, Elsinda e Adosinda (femininas). A festividade de santa Dosinda celébrase o 21 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma conxénita de discapacidade psíquica debida a un defecto cromosómico que consiste en que o individuo afectado ten un exceso de material xenético correspondente ao par cromosómico 21. Este exceso pódese presentar por mor dunha trisomía (95% dos casos), dunha translocación (4%) ou dun mosaicismo (1%). No caso da trisomía do cromosoma 21, a copia extra deste cromosoma aparece como consecuencia dunha non disxunción meiótica, polo xeral no gameto feminino. Os individuos afectados por unha translocación teñen a parella normal de cromosomas 21, pero aparece unido a outro cromosoma, normalmente o 14, un fragmento extra de 21. Os que presentan mosaicismo teñen células cunha dotación cromosómica normal (46 cromosomas) e células con trisomía 21 (47 cromosomas) como resultado dunha non disxunción mitótica; deste xeito, a síndrome será máis ou menos severa en función do número de células afectadas e da disposición destas no organismo. A característica máis aparente é a presenza duns trazos faciais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anomalía cromosómica que se caracteriza pola presenza dun cromosoma supernumerario agregado á parella 18 en todas as células somáticas. A causa desta trisomía é posiblemente unha non-disxunción. Presenta un cadro moi amplo con hipertonía muscular, atraso psicomotor, alteracións craniais, micrognatia, rixidez articular, labio leporino, orellas malformadas de implantación baixa, pés de arco plantar escaso e talóns saíntes e, sobre todo, mans en actitude típica, en que os dedos índice e maimiño están enriba, respectivamente, do dedo medio e anular; a miúdo tamén presenta malformacións cardíacas, pulmonares e renais. A súa incidencia sitúase nun caso por cada 11.000 nacidos vivos (80% mulleres). A supervivencia media é de 2 a 4 meses e o 90% morre antes de cumprir o ano de vida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariantes dos nomes Dosindo/Dosinda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dosindo/Dosinda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe xermánica, composto de irmin ‘grande, poderoso’ e sinths ‘forte’. Xa se documentan en textos temperáns as variantes Ermosinda, Hermosinda e Hermesinda, e os hipocorísticos Sinda e Ermosa. Deste nome derivan varios topónimos como Ermosende (Galdo, concello de Viveiro). Levaron este nome, entre outras, unha abadesa (s X), irmá de san Rosendo; a Raíña Ermesinda de Asturias (s VIII), filla de Paio I; e Ermesinda de Carcassonne (ss X-XI), muller de Ramón Borrell.
-
PERSOEIRO
Raíña de Asturias, filla de Paio I e irmá do Rei Fáfila. O seu home, o Rei Afonso I o Católico (739-757), recibiu a coroa trala morte de Fáfila.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Condesa de Barcelona, muller de Ramón Borrell. Axudou o seu home na reconstrución do país tralas campañas de Almanzor e acompañouno nalgunhas expedicións militares. Ao quedar viúva (1017), gobernou como titora durante a minoría do seu fillo Berenguer Ramón I. Trala morte do seu fillo (1035), volveu gobernar como titora do seu neto Ramón Berenguer I o Vello.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante de Ermesinda.