"Vas" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 331.
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuvasco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia de curta duración pero moi intensa, xeralmente producida por fenómenos de convección.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de roupa impermeable, normalmente con carapucha e dun material lixeiro, que cobre todo o corpo e impide que traspase a auga da chuvia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘leituga’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación, continuadora da Sociedad Coral y recreativa Follas Novas (1930), fundada no ano 1944 que centrou a súa actividade no campo da polifonía, tanto galega coma hispánica e estranxeira, así como no da música relixiosa, madrigalista e escénica. Tomou o seu nome da obra de Rosalía de Castro, feito que marcou o seu facer na polifonía galega pois o seu repertorio, en boa parte, constitúese por obras de distintos compositores baseadas nos poemas rosalianos. Composta por 60 voces mixtas, estivo baixo a dirección de Manuel Fernández Amor, Jesús González de Velasco, José Mir Félix, Rogelio Groba Groba, Edilberto Suárez Pedreira, Francisco Méndez Ruíz, Rogelio Leonardo de Bouza, Santiago Pérez Bernal, Jorge Berdullas del Río, Antonio Piñeiro Fernández, Viorel Tudor, Nicolás Cardaso Arrojo, Marta María Castanedo Sanmartín, Otilia Barón Ferrero e Julio Cabo Messeguer. Na súa traxectoria profesional destacan os concertos homenaxe dedicados a Xoán Montes (1949), Rosalía de Castro (1950 e 1975)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal refundado en 1936 a partir da súa cabeceira orixinal, El Pueblo Vasco, no momento no que sufriu a súa incautación por parte do exército franquista. A partir de 1938 engadíuselle o subtítulo de “Diario de la FET y las JONS”, ata que na década dos corenta perdeu esta segunda denominación e mantivo a cabeceira actual. Pertence ao Grupo Correo de comunicación. Inicialmente, baixo a dirección de Juan de la Cruz Elizondo, apareceu como un xornal de opinión, ata que en 1952, co impulso de Lorenzo Mateos e Luis Bergareche, desenvolveu un carácter máis informativo, cun incremento no número de noticias. En 1949 saíu do prelo a edición de Vitoria e, á par, profundizou na súa modernización tecnolóxica que afectou a todas as seccións do periódico; de feito, foi un dos primeiros en contar cun servizo de télex e utilizar a fotografía panorámica. A dirección de Alejandro Echevarría no período 1951-1960 confirmou a súa renovación. Nos anos setenta, a información de Manuel Leguineche sobre...
-
PERSOEIRO
Pintora. Instalouse en Monforte de Lemos, estudiou na Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid e, posteriormente, en Barcelona. Recibiu unha bolsa da deputación de Lugo en 1961 que lle permitiu trasladarse a París, onde se formou con André Lhote e Poliakoff; ademais, estudiou cerámica con Rosso. Realizou as pinturas murais do claustro do mosteiro de San Xián de Samos e as da cúpula da igrexa de San Salvador de Seoane, en Monforte de Lemos. Realizou as ilustracións de Andrómenas: cinco obras (1961), Chacuecadas: catro obras (1961) e O Borio. Comedia en tres actos (1961), todas de José Ibañez Fernández, e de Historia de Monforte y su tierra de Lemos (1970-1972), de Germán Vázquez. Entre os premios que recibiu destacan o premio Foyer des artistes Boulevard de Montparnasse, Ville de París e as medallas do Salón de Otoño de Madrid de 1960 e 1961.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Libreiro e editor. Logo de traballar como comercial, comezou co negocio dos libros en 1969, ano no que fundo a Libraria Couceiro. A mediados dos anos setenta, apostou polo libro galego e portugués, e no ano 1982 introduciuse no mercado do libro antigo. En 2001 forman a empresa dúas librerías en Santiago de Compostela, unha delas dedicada ao libro antigo, e outra na Coruña. Como libreiro, promoveu dende 1979 o boletín Bendado, unha publicación bibliográfica do libro galego e portugués. Así mesmo, organizou varias exposicións sobre libros galegos en Portugal (Porto, Lisboa, Aveiro, Braga e Viana) e Suíza (Xenebra e Laussane). Tamén realizou algunhas actividades no mundo editorial, tanto en Edicións do Cerne, da que foi editor, como en Laiovento, da que foi socio-fundador; ademais, participou na fundación de EDIGAL, a primeira compañía discográfica galega, que logo pasou a denominarse Clave Records. Foi presidente da Federación Galega de Libreiros e vicepresidente da Confederación...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENSEADAS
Enseada do litoral setentrional da parroquia de Covas, situada no concello de Ferrol, ao L do cabo Prior e ao O da punta de Santa Comba. No seu fondo orixinouse a praia de Santa Comba ou de Covas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Meaño baixo a advocación de santa Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Negreira baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de san Cibrao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rubiá baixo a advocación de san Salvador. É a única parroquia da Comunidade Autónoma de Galicia que pertence ao arciprestado de Villafranca del Bierzo e á diocese de León.
VER O DETALLE DO TERMO