"Vega" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 77.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás augas por onde se pode navegar.
-
-
Acción de navegar.
-
Ciencia e arte de navegar. Componse dun conxunto de técnicas que permiten determinar o punto onde se atopa unha nave e establecer o camiño que ha de seguir para trasladarse a calquera outro punto, navegando coa máxima seguridade e o máximo aforro de tempo posibles. A localización da nave determínase pola intersección dos lugares xeométricos aos que corresponda a súa situación, como os arcos capaces, demoras, distancias, liñas isobáticas e circunferencias de altura, entre outros. Establécese o camiño que se ha de seguir escollendo o máis curto, evitando terras, rochas ou outros perigos considerados, os ventos e as correntes, e fixando rutas ortodrómicas ou loxodrómicas, segundo as conveniencias.
-
Conxunto de técnicas que permiten determinar en cada momento as coordenadas de situación dunha aeronave respecto a un sistema de referencia situado sobre a superficie terrestre, independentemente doutras aeronaves, e de establecer o rumbo que cómpre seguir para respectar a ruta e o destino escollidos. Diferénciase a navegación non instrumental ou visual (VFR), que pode ser navegación observada (identificación de puntos sobrevoados) ou navegación estimada (complementación con cálculos horarios), da navegación instrumental (IFR), que pode ser navegación radioeléctrica (posicionamento mediante identificación de sinais de radio emitidos desde terra ou desde satélites artificiais) ou navegación autónoma (posicionamento mediante aparatos instalados a bordo da aeronave). Recórrese case sempre á navegación IFR. Os sistemas máis empregados son os radiofaros non direccionais (NDB) captados polo radiocompás de a bordo (ADF), os radiofaros direccionais (VOR, ILS,...
-
-
-
Que navega con facilidade.
-
Programa informático que permite ver páxinas web e navegar pola Internet.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen navega.
-
-
-
Desprazarse unha embarcación pola auga.
-
Viaxar alguén nunha embarcación.
-
Traballar no mar nun barco.
-
-
iaxar nunha nave aérea.
-
Ir dun lado a outro sen rumbo fixo.
-
Moverse a través da Internet ou doutra rede informática.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Soria, Castela e León, situado ao O da serra do Moncayo (3.292 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandaría e na explotación de minas de ferro. Ademais conta con industrias alimentarias e químicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Navegación aérea ou marítima baseada na utilización de dispositivos radioeléctricos, emisores ou receptores, instalados en terra ou a bordo da aeronave ou da embarcación, como os radares, os radiofaros ou as radiobalizas.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado preto de Astorga e regado polo río Tuerto (2.234 h [2001]). A economía baséase na agricultura, a gandaría e a industria téxtil. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao S da capital e regado polo río Jarama (11.635 h [2001]). Na súa economía destaca a agricultura, a gandaría e a industria de materiais da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, regado polo río Órbigo, e situado no Páramo leonés (1.944 h [2001]). A economía é agrícola e gandeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria (55.477 h [2001]). É un importante centro de industria química. Destaca pola produción de fibras artificiais e pneumáticos, así como pola industria láctea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en 1987 por Vicente Montoto. A súa primeira representación foi Cochos (1987), de R. Vidal Bolaño. Dos seus espectáculos destacan Tríngulin Trángala (1988), Cea para dous (1990), Copenhague (1995), Volve o Cabaré, (1992), Zocos (1998), A señorita Xulia (2000), O retrato de Dorian Grai (2001), Mulleres (2002, Premio María Casares á mellor actriz principal) e Pallasos (2004), ademais dos recitais poéticos A elas e a Cunqueiro (1991) e Lorenzo varela, irmán, compañeiro, camarada (2005).
-
GALICIA
Musicólogo. Doutor en Dereito e Musicoloxía, e cofundador da Revista de Folklore (1980), traballou como crítico musical no diario El Norte de Castilla desde 1978 e colaborou no Dicionario de la Música Española e Hispanoamericana, na Gran Enciclopedia Gallega e no The New Grove Ditionary of Music and Musicians. Publicou Temas de economía política (1971), Economía aplicada al turismo (1975), Encuentros con la música... desde mi mesa (1981), Dúo pianístico Frechilla-Zuloaga (1983) e Juan Montes, un músico gallego (1990). Membro da Sociedad Española de Musicología e da Real Academia de Bellas Artes de Valladolid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrela da serie principal da constelación de Lira que pertence ao tipo espectral A0 e é de cor azul. O seu raio é 2,4 veces o raio do Sol, e a súa luminosidade intrínseca é 50 veces superior á do Sol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de sondas soviéticas que foron as primeiras en pasar xunto ao cometa Halley e enviar datos sobre a súa composición física e química.
-
GALICIA
Pintor. Nas súas obras primaron os escenarios arquitectónicos en detrimento das figuras, empequenecidas e sometidas ao marco. Tocou temas alegóricos (As catro estacións), costumistas (A Alsaciana), paisaxistas (Vista da Graña), relixiosos (A Visitación) ou históricos (A morte de Cómodo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político. Foi deputado por Lugo nas Cortes Constituíntes de 1931 polo Partido Radical e despois integrouse en Izquierda Republicana. Tras o levantamento militar de 1936, foi detido e acusado de auxilio á rebelión. Morreu fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Francisco de Fientosa, estudou filosofía e letras na Universidad Central de Madrid. Da súa obra destacan Lendas (1931), Triángulo isósceles (1934) e El alba del quechemarín (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de León, Castela e León (2.837 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado no sector N da illa de Gran Canaria (6.979 h [2001]). A súa economía é agropecuaria.
VER O DETALLE DO TERMO