navegación
(< lat navigatĭōne)
-
s
f
Acción de navegar.
-
s
f
[MAR]
Ciencia e arte de navegar. Componse dun conxunto de técnicas que permiten determinar o punto onde se atopa unha nave e establecer o camiño que ha de seguir para trasladarse a calquera outro punto, navegando coa máxima seguridade e o máximo aforro de tempo posibles. A localización da nave determínase pola intersección dos lugares xeométricos aos que corresponda a súa situación, como os arcos capaces, demoras, distancias, liñas isobáticas e circunferencias de altura, entre outros. Establécese o camiño que se ha de seguir escollendo o máis curto, evitando terras, rochas ou outros perigos considerados, os ventos e as correntes, e fixando rutas ortodrómicas ou loxodrómicas, segundo as conveniencias.
Sinónimos: náutica. -
navegación aérea
[AERON]
Conxunto de técnicas que permiten determinar en cada momento as coordenadas de situación dunha aeronave respecto a un sistema de referencia situado sobre a superficie terrestre, independentemente doutras aeronaves, e de establecer o rumbo que cómpre seguir para respectar a ruta e o destino escollidos. Diferénciase a navegación non instrumental ou visual (VFR), que pode ser navegación observada (identificación de puntos sobrevoados) ou navegación estimada (complementación con cálculos horarios), da navegación instrumental (IFR), que pode ser navegación radioeléctrica (posicionamento mediante identificación de sinais de radio emitidos desde terra ou desde satélites artificiais) ou navegación autónoma (posicionamento mediante aparatos instalados a bordo da aeronave). Recórrese case sempre á navegación IFR. Os sistemas máis empregados son os radiofaros non direccionais (NDB) captados polo radiocompás de a bordo (ADF), os radiofaros direccionais (VOR, ILS, MLS) e os que se basean no radar (DME, GCA); os autónomos máis empregados son os inerciais (I), e, antigamente, os baseados no efecto Doppler do radar e na observación astronómica. O uso continuado dun ou de diversos recursos IFR xera sistemas de navegación VOR, TACAN, Consol, Decca e LORAN, entre outros.