"cali" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 236.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de calibrar.
-
-
Instrumento empregado para verificar de maneira rápida, sinxela e precisa se as dimensións dunha peza están dentro das tolerancias preestablecidas, sen necesidade de realizar unha medición directa. O calibrador materializa as medidas máxima e mínima admisibles da dimensión a verificar; así, se esta é o diámetro interior dun buraco, é necesario que o extremo ‘paso’ do calibrador de interiores entre con facilidade, mentres que no lado ‘non paso’ non debe entrar de ningún xeito. Os calibradores para diámetros exteriores, para roscas ou outros, funcionan segundo o mesmo principio. O máis usual dos calibradores de interiores é o calibrador de tapón, que consiste en dous discos ou barras metálicos montados de banda a banda dun mango. Dos calibradores de exteriores, o máis usual é o calibrador de ferradura, que consiste nun arco metálico que ten nos extremos uns topes. Algúns calibradores son de medida fixa, pero noutros pódese regular dentro dun límite. A parte do calibrador...
-
Peza de vidro, cunha das caras esmeradamente pulida para conseguir un aplanamento ou unha esfericidade o máis perfecta posible. Utilízase para verificar a perfección das superficies ópticas xa que, ao colocar o calibrador enriba desta, fórmanse franxas de interferencia que poñen de manifesto os defectos.
-
-
-
Determinar ou medir o calibre dun obxecto, unha bala, un tubo, ou outro obxecto.
-
Establecer unha correspondencia entre unhas magnitudes elixidas como patróns e outras magnitudes a avaliar.
-
Axustar os valores da imaxe para garantir unha presentación fiel de cores e tonalidades de gris cando se envían a unha impresora ou a un dispositivo que trate imaxes. O proceso debe realizarse en todos os elementos dun mesmo sistema, incluíndo o escáner, o monitor, as aplicacións e a impresora. A meta é asegurarse de que, por exemplo, o que o escáner ve como amarelo, se amose no monitor como amarelo, sexa recoñecido polos programas como amarelo e se imprima como amarelo.
-
Sopesar a importancia ou relevancia dunha situación ou dun feito.
-
-
-
-
Diámetro interior do canón dunha arma de fogo. Desde o s XIX mídese en milímetros, centímetros ou polgadas. Nos exércitos de terra, o calibre máximo empregado é o de 203 mm, e na mariña, de 127 mm.
-
Diámetro dun proxectil.
-
Unidade de medida que permite determinar a lonxitude do canón relacionándoo co calibre interior. Así, un obús de 105/26, significa que ten un tubo de 26 mm de diámetro e 105 mm de lonxitude.
-
-
-
Diámetro interior dun tubo ou dun obxecto cilindrico furado lonxitudinalmente.
-
Diámetro dun fío, un arame ou unha barra metálica ben acabada.
-
Grosor dunha chapa ou lámina de metal. OBS: Tamén se aplica ao grosor doutros obxectos.
-
-
Utensilio que mide o interior, o exterior e a profundidade dos obxectos.
-
Peza de madeira ou de metal que ten a forma que é nacesario darlle ao obxecto que se vai formar.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo de carácter sindical que apareceu en Arcade-Soutomaior a finais do século XX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘cáliz de flores’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está provisto de cáliz.
-
-
Codia de nitrato sódico (mesturado a miúdo con cloruro sódico, glauberita e epsomita), contida entre capas de arxila, xeso ou area. Atópase en áreas desérticas como poden ser as de Chile, California e Exipto.
-
Codia calcaria, máis ou menos cimentada, característica dos solos das zonas áridas ou semiáridas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreos onde se atopan xacementos de caliche.
-
-
Fungo liquenizado da orde das caliciais.
-
Orde de ascoliques de talos crustáceos, foliosos ou fruticosos, ascomas pedicelados co himenio xeralmente organizado nun macedio, con esporas pigmentadas e con ornamentación externa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que elimina os calos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise das plantas nas que os pétalos e os estames están insertos na marxe do tálamo, máis ou menos ciatiforme, e por iso semella que están no cáliz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a forma dun cáliz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
calicino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cáliz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón con ligamentos de la, orixinario de Calicut, actual Kozhikode.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante a un cáliz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
silicose.
-
-
Mamífero da familia dos calicotéridos.
-
Familia de mamíferos do Mioceno ao que pertence o xénero Moropus.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto grego. Proxectou, xunto con Ictinios, o Partenón da Acrópole de Atenas (447-442 a C). Na mesma acrópole ateniense construíu o templo de Atenea Nike (448-421? a C).
VER O DETALLE DO TERMO