"lus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bueu baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia frecuentada por barcos de recreo que fondean pola zona.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 300 metros ANCHURA MEDIA: 6 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Urbana PASEO MARÍTIMO: Si
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Non ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Si
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA APROXIMADA A PRAIA: 21,5...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e político. Director dunha empresa inmobiliaria, cara á década dos setenta comezou a crear o grupo de comunicación Fininvest, que chegou a controlar importantes diarios (La Repubblica, Il Giornale), revistas (L’Espresso), editoriais (Mondadori), televisións (Canal 5), etc, como tamén a cadea de alimentación La Standa e o equipo de fútbol do Milán. No ano 1994 creou o partido político Forza Italia que liderou o Polo da Liberdade, coalición de centro-dereita que gañou as eleccións xerais dese ano, sendo proclamado primeiro ministro. Nas eleccións de 1996 a súa coalición perdeu fronte á coalición de esquerdas L’Olivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenda exterior de vestir, de tea fina, con ou sen mangas, usada xeralmente por mulleres e por nenos pequenos, que cobre a parte superior do corpo, dende os ombros ata a cintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenda de vestir exterior, máis longa e folgada ca a blusa, usada xeralmente por fóra da saia ou pantalón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparecido en agosto do ano 1973, na cidade de Ferrol. O consello de redacción estaba integrado por Manuel Ojea Otero, Germán Otero Saavedra, Yáñez Martínez, Manuel Crespo Rivas, Xosé F. Querol Lombardero e Francisco Castro Damián. No que se refire aos colaboradores, pódense citar, entre outros, a Antonio Fernández Rodríguez, Manuel Iglesias Corral, Anxo Paz Gómez, Ramón Carballal Pernas e Xosé Seoane Iglesias. A temática deste boletín abranguía dende as leis de indias, pasando polo dereito matrimonial ou polo xuízo de faltas, ata as reflexións sobre determinados artigos do Código Civil. Os diferentes traballos que compuñan esta publicación estaban firmados polos maxistrados da audiencia territorial da Coruña e por avogados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter profesional que xurdiu na Coruña en xuño de 1966 e que cesou en marzo de 1979. Saíu como continuador do Boletín Corporativo e seguiu a súa numeración. Tiña como colaboradores a Ricardo Díaz Fraga, Xosé Pérez Ardá, Xoán Manuel Liaño Flores e Pedro Pueyo Novo, entre outros. No sumario podíanse atopar seccións como “Política del derecho”, “Sección doctrinal”, “Sección legislativa”, “Práctica del derecho”, “Sección de jurisprudencia”, “Vida cultural del colegio”, “Avisos, ruegos y comunicados” ou “Mutualidad”. No número 11, con data de xaneiro de 1967, incluíase unha folla solta na que se anunciaba a constitución da Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación presidida por Manuel Iglesias Corral. Prometía dar cumprida conta desta información no seguinte número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu á luz na Coruña en xaneiro de 1956 e deixou de publicarse en 1965. A pesar de que esta publicación contou con poucas firmas, entre os colaboradores están A. Couce Doce, Enrique Señoráns, M. Suárez Perdigueiro ou Pedro González. Estaba dividido en catro seccións tituladas “Opiniones”, “Noticias y avisos del colegio”, “Disposiciones oficiales” e “Última hora”. Ofrecía, ante todo, información sobre as noticias e actividades que realizaban os médicos da provincia. Cando a ocasión o precisaba editaban un suplemento ou folla informativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurdiu na Coruña en maio de 1988 e o último número rexistrado é de 1991. Dentro do sumario incluíanse seccións como “Licencia fiscal”, “Noticias del colegio”, “Seguridad ciudadana”, “Audiencia provincial” e “Tribunal Superior de Justicia de Galicia”. No editorial do primeiro número, titulado “Nueva etapa”, podíase ler que se trataba dunha reaparición marcada por un novo estilo informativo, á marxe do labor que realiza outra revista ligada ao propio Colexio e titulada Foro Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de urocordados sésiles, da familia dos ascidiáceos, que poden acadar ata 2 mm de lonxitude; forman colonias planas e vivamente coloreadas, que recobren as rochas do infralitoral. Estas colonias están constituídas por numerosos grupos dispostos en forma de estrela, grupos formados por uns 12 individuos que circundan un único sifón común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador flamengo. Destacou como paisaxista, influído por Gilles van Coninxloo e despois por Rafaello Sanzio e polos venecianos. Entre as súas obras destacan Diana e as súas ninfas e A creación dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bóvidos da subfamilia dos bovinos ao que pertencen os búfalos e o anoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das higroforáceas, que presenta cogomelos de láminas decorrentes de cor mate. En Galicia están presentes en prados as especies comestibles: C. niveus, de cogomelo de ata 5 cm de alto e de cor branca; e C. pratensis, de cogomelo de ata 10 cm e de cor alaranxada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos camélidos ao que pertencen, entre outros, os camelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da orde das cantarelais ao que pertencen os cantarelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cérvidos ao que pertence o corzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos prosobranquios da familia dos capúlidos, que se caracterizan por ter a cuncha con forma de bonete coa punta virada cara a atrás. Distribuídos por todos os mares, viven en augas profundas, arredor dos 100 m, fixados á cuncha doutros moluscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte móbil dun muíño romano.

    VER O DETALLE DO TERMO