Boletín del ilustre Colegio de Abogados de El Ferrol del Caudillo

Boletín del ilustre Colegio de Abogados de El Ferrol del Caudillo
[PUBLIC]

Aparecido en agosto do ano 1973, na cidade de Ferrol. O consello de redacción estaba integrado por Manuel Ojea Otero, Germán Otero Saavedra, Yáñez Martínez, Manuel Crespo Rivas, Xosé F. Querol Lombardero e Francisco Castro Damián. No que se refire aos colaboradores, pódense citar, entre outros, a Antonio Fernández Rodríguez, Manuel Iglesias Corral, Anxo Paz Gómez, Ramón Carballal Pernas e Xosé Seoane Iglesias. A temática deste boletín abranguía dende as leis de indias, pasando polo dereito matrimonial ou polo xuízo de faltas, ata as reflexións sobre determinados artigos do Código Civil. Os diferentes traballos que compuñan esta publicación estaban firmados polos maxistrados da audiencia territorial da Coruña e por avogados.