"monta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 119.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político integrado polos elementos revolucionarios máis idealistas, durante a Revolución Francesa. O seu nome débese a que ocupaban os escanos máis altos da Asemblea Lexislativa, dentro da que actuaron. De ideoloxía socializante, foi dirixido por G. J. Danton, J. P. Marat e M. de Robespierre. Os montagnards dicíanse representantes das masas e dentro da Convención Nacional, tiñan o apoio das clases populares. Erixíronse en árbitros indiscutibles da Convención mediante un golpe de estado que levaron a termo en xuño de 1793. Morto Marat e afastado Danton do poder, Robespierre foi o seu máximo representante no período subseguinte de goberno revolucionario, coñecido como o Terror. As disensións e os enfrontamentos internos debilitaron o grupo ata a caída e a execución de Robespierre, en xullo de 1794, durante a Reacción Termidoriana.
-
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. Estudou a relación do psíquico co físico e opúxose á interpretación behaviorista da consciencia e do realismo físico. Adoptou unha forma de neorrealismo capaz de ofrecerlle un método, mediante o que elaborou unha metafísica que se cualificou como materialismo animista. Publicou The Ways of Knowing or the Methods of Philosophy (1944) e Great Vision of Philosophy (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico virólogo francés. Licenciado en Medicina e Ciencias Naturais (1955), e doutorado en 1960; foi director do Institut Pasteur, e do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) desde 1974. En 1983, el e o seu equipo, conseguiron illar o virus da inmunodeficiencia humana (VIH), causante da SIDA. Desde 1993 preside a Fundación Mundial para a Investigación e Prevención da SIDA. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica (2000), xunto con R. Gallo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político británico, conde de Halifax. Con William Pitt o Vello, participou no goberno e foi lugartenente de Irlanda, así como primeiro lord do Almirantado (1761).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista e escritor inglés, primeiro conde de Halifax. Financeiro experto, foi deputado, chanceler e primeiro ministro (1697). Ideou o primeiro fondo de amortización da débeda pública e fundou o Banco de Inglaterra (1694). Os seus escritos e os seus discursos parlamentarios foron publicados en 1715.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar inglés, conde de Manchester. Cabeza da oposición da Cámara dos Lores, foi acusado de traizón (1642). Cando estalou a Guerra Civil, comandou o exército parlamentario do leste. En desacordo con Oliver Cromwell, abandonou o mando militar (1645) e iniciou as negociacións co rei.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. Distinguiuse polos seus estudos sobre lóxica e semiótica. Das súas obras destacan Logical Necessity, Physical Necessity, Ethics and Quantifiers (1960), Pragmatics (1968) e Montague Grammar (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro militar. Traballou como enxeñeiro xefe en varias obras da Coruña, das que destaca o proxecto do acueduto, materializado polos arquitectos Fernando de Casas Novoa e Francisco de Velasco, e a proxección de varias fortificacións para a praza da Coruña, entre 1723 e 1729. En 1732 presentou unha memoria e os planos para a construción dun arsenal en Ferrol, que non se conservan.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Moralista francés. De nome Michel Eyquem, foi membro do Parlamento de Bordeos e alcalde (1581-1585). O seu casamento con Françoise de la Chassaigne (1565) e a morte do seu pai permitíronlle vender os seus cargos (1570). Entre 1571 e 1572 retirouse e comezou a escribir Saggi (1580), ao mesmo tempo que lía as obras de Plutarco e Séneca, e profundizaba no estoicismo e no escepticismo. Na evolución final dos seus traballos obsérvase unha influencia directa do epicureísmo e da procura da sabedoría sen discutir os dogmas da fe.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Teruel, Aragón, situado á beira do río Martín (1.538 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de secaño con cultivos de cereais e viña e na explotación das minas de lignito.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en La Campiña (4.617 h [2001]). A economía baséase no cultivo de cereais, algodón e oliveiras e nos materiais para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada entre as praias de Pociñas e Montalbo, na parroquia de Noalla (Sanxenxo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia situada na parroquia de Adina (Sanxenxo) entre a punta Montalbo e a punta Paxariñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. A súa poesía, inspirada en modelos simbolistas franceses, é unha investigación metafísica e tende a un redescubrimento intelectual e consciente da realidade. Xunto con Ungaretti, está considerado como un dos principais representantes da poesía hermética. A parte fundamental da súa obra está constituída polas escolmas poéticas Ossi di sepia (1925), Le occasioni (1939), La bufera e altro (1956), Satura (1962), Diario del ‘71 e del ‘72 (1973), Quaderno di quattro anni (1977), Altri Versi (1980), e as escolmas en prosa Farfalla di Dinard (1956), Auto da fé (1966), Fuori di casa (1969), La poesia non esiste (1971), Trentadue variazioni (1973) e Nel nostro tempo (1973). Postumamente apareceu Quaderno genovese (1983). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1975.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e publicista francés. De nome Charles Forbes René, defendeu a causa dos irlandeses e dos polacos e a liberdade da Igrexa na publicación L’Avenir (1830), que el mesmo fundou. Representante dos liberais, tras o seu fracaso nas eleccións de 1857 dedicouse á oposición. Publicou Les Moines d’Occident depuis saint Benoît jusqu’à saint Bernard (1860-1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ecuatoriano. Loitou contra o goberno de García Moreno e a ditadura de Veintemilla, e de aí que a situación política do seu país constitúa o tema principal da súa obra. Escribiu Las Catilinarias (1880), Capítulos que se le olvidaron a Cervantes (1882), El mercurial eclesiástico (1883) e Geometría moral (1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta. Naturalizada española, especializouse nas probas de salto de lonxitude e triplo salto. Obtivo con Cuba a medalla de prata en salto de lonxitude nos Mundiais de Goteburg (1995) e con España a medalla de ouro nos Mundiais de Sevilla (1999) e a medalla de bronce nos Mundiais de Edmonton (2001), ao aire libre, e Lisboa (2001), en pista cuberta. Campiona de España (2000 e 2001) en salto de lonxitude, recibiu o Premio Nacional del Deporte Reina Sofía (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Samos. Antigamente estivo baixo a advocación de san Miguel e santo Andrés. Trátase dun templo románico, construído en cachotaría de lousa, cunha nave de grande altura, con cuberta de lousa. O acceso presenta cuberta de lousa a tres augas. Destaca o campanario da fachada e a portada principal, arqueada e coa disposición das lousas en sentido radial. Conserva no interior un retablo neoclásico con tallas do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Bulgaria (10.607 km2; 559.449 h [2001]). A súa capital é Montana (49.368 h [2001]).