Montagut, Francisco

Montagut, Francisco

Enxeñeiro militar. Traballou como enxeñeiro xefe en varias obras da Coruña, das que destaca o proxecto do acueduto, materializado polos arquitectos Fernando de Casas Novoa e Francisco de Velasco, e a proxección de varias fortificacións para a praza da Coruña, entre 1723 e 1729. En 1732 presentou unha memoria e os planos para a construción dun arsenal en Ferrol, que non se conservan.