"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fusión parcial das rochas no manto ou na codia terrestre. Ten lugar ao longo das marxes granulosas e prodúcese grazas a un incremento de temperatura (a presión constante) ou ben a un descenso da presión (a temperatura constante). Destes parámetros, como tamén da composición da rocha inicial, dependerá a composición da fracción líquida do magma obtido e a proporción entre líquido e sólido. Son exemplos de anatexia a xeración de magmas graníticos por fusión parcial de rochas da codia (granitización) e a xeración de basaltos por fusión parcial de peridotita do manto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
anatomía patolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos corpos cristalinos que non teñen eixo de simetría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que ten como obxecto de estudo o home e as enfermidades do sexo masculino, especialmente os trastornos dos órganos do sistema reprodutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das galaxias máis próxima á nosa. Situada na constelación de Andrómeda, é visible sen telescopio e ocupa unha zona duns 80 por 250 minutos de arco. Foi estudada no s X polo astrónomo árabe al-Sūfī. Simon Marius observouna a través do telescopio en 1612 e Messier clasificouna (M31). Tamén se coñece polas siglas NGC 244. Andrómeda atópase a unha distancia de 2,18 millóns de anos luz, ten un diámetro de 163.000 anos luz e contén ao redor de 200.000 millóns de estrelas, cunha masa total de 3x1011 masas solares, aproximadamente dúas veces a masa da Vía Láctea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos ventos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de alerxia caracterizada pola ausencia total de capacidade de reacción dos tecidos ante unha substancia antixénica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nun sistema xerador de enerxía ou nun proceso termodinámico, enerxía non utilizable en forma de traballo que complementa a enerxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade médica que utiliza os métodos e as técnicas necesarias para que o paciente permaneza insensible á dor ou protexido ante unha agresión psíquica e somática en calquera situación que o requira.
-
-
Termo que remite ao uso ambiguo dun enunciado como consecuencia da multiplicidade semántica dunha palabra, nos casos de polisemia e homonimia, ou do emprego erróneo dunha construción sintáctica. Por exemplo: Comprei unha bota na tenda (onde bota pode referirse ao calzado ou pode ser o recipiente de coiro para o viño).
-
Enunciado susceptible de ser interpretado de dúas ou máis formas.
-
-
-
Falta ou diminución das ganas de comer. É un síntoma común a moitas enfermidades e, por si mesmo, ten pouco valor diagnóstico. Os mecanismos que a producen non son aínda ben coñecidos. Normalmente o acto de comer está regulado por un centro da fame e un centro da saciedade, situados no hipotálamo, que poden recibir moitas influencias por diferentes estados patolóxicos; tamén é posible que estes centros sexan influídos por alteracións no metabolismo da serotonina, un neurotransmisor cerebral. Tamén é un síntoma de certos trastornos psíquicos, como a ansiedade e a depresión.
-
Rexeitamento sistemático, de orixe neurótica, dos alimentos, observado xeralmente nas mozas (15-25 anos). A obstinación de non comer é tan inflexible que o enfermo provoca o seu propio o vómito ou abusa dos laxantes a fin de non aproveitar os poucos alimentos inxeridos. A escola psicoanalítica sitúa a súa orixe na regresión do adolescente á situación infantil, na que o alimento é, ao mesmo tempo, o signo, o vehículo e o lazo de amor e protección maternais. O enfermo tería, así pois, unha agresividade contida contra a nai co repudio daquela fase oral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución ou falta de osíxeno respirable nas células ou nos tecidos dun organismo. Con frecuencia aparece como consecuencia da anoxemia e conduce á necrose das células. Prodúcese en casos de asfixia, intoxicación por monóxido de carbono e anemia, entre outros.
-
-
Contradición de termos ou de ideas con aparente falta de lóxica para conseguir un efecto máis abraiante.
-
Figura literaria consistente na unión de ideas aparentemente contrarias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio da bioloxía floral, especialmente dos aspectos relacionados coa polinización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación de textos de varios autores ou de varias obras dun mesmo autor feita en atención a criterios cronolóxicos, temáticos, formais ou didácticos. A súa orixe remóntase ás escollas de epigramas iniciadas na Grecia Antiga por Meleagro de Gándara (s II a C), actualmente perdidas, que foron recuperadas en gran parte na Anthologia inedita codicis palatini do poeta bizantino Constantino Céfalas (s X). Durante a Idade Media e o Renacemento adoptou a forma de cancioneiro, romanceiro, coroa poética, etc. A expansión da industria editorial do s XIX produciu unha proliferación de antoloxías que continuou no s XX. Teñen unha intencionalidade informativa como mostra da produción dunha época ou tendencia determinadas, contribúen á fixación do canon e, nalgúns casos, á conservación do patrimonio literario, como ocorreu cos Cancioneiros da lírica galego-portuguesa. Considérase que as primeiras antoloxías da literatura galega foron o Álbum del Miño (1858), unha colección...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de estudo dos restos de madeira e vexetais carbonizados recuperados nos depósitos arqueolóxicos e xeolóxicos. Mediante a análise microscópica pódese identificar o xénero e en ocasións a especie vexetal, o que pode achegar información sobre as actividades económicas dos grupos humanos e animais, e sobre o medio ambiente que rodea o depósito.
-
-
Hábito de comer carne humana, especialmente cando se leva a cabo por parte doutros humanos. Polo xeral o seu obxectivo é a apropiación da vitalidade específica do morto e adoita ir acompañada dalgún rito.
-
Calidade de antropófago.
-
Subcorrente literaria do Modernismo portugués que foi iniciada en 1928 por Oswald de Andrade (1890-1953) na Revista de Antropofagia. Entre os seus colaboradores atopábanse Mário de Andrade, Carlos Drummond de Andrade, Guilherme de Almeida, Yan de Almeida Prado, Augusto Meyer, Manuel Bandeira, Plínio Salgado e outros. O Manifesto Antropofágico defendía a influencia surrealista, o antirracionalismo e a defensa da cultura primitiva, a través da exaltación do canibalismo, para contrarrestar a influencia cultural europea. Oswald de Andrade defendía o “mal salvaxe” (“mau selvagem”) caníbal que coa súa devoración vai en contra das hipocresías da civilización. Tamén se consideradan antropofáxicas algunhas obras de António Alcântara Machado.
-
Son varios os seres antropófagos que aparecen nas crenzas tradicionais galegas. Así, a antropofaxia podía ser practicada por meigas ou bruxas que devoran as víctimas despois de esnaquizalas, gustando especialmente de neonatos e nenos non bautizados. Segundo a lenda, tamén é posible que os mouros de certas covas tamén a practicaran.
-
-
-
-
Ciencia que estudia o ser humano e, nun sentido máis amplo, os homínidos. Debido á diversificación somática sufrida polo ser humano, os diferentes ambientes en que tivo que vivir e as súas manifestacións culturais e de relación, a antropoloxía, no máis amplo dos seus sentidos, comprende tanto o estudo biolóxico do corpo humano e as súas variacións no tempo e no espazo (antropoloxía física ou biolóxica) como do comportamento cultural e social (antropoloxía cultural e antropoloxía social). Os datos derivados do estudo biolóxico do corpo humano pola antropoloxía física son a base sobre a que se ten que estruturar o estudo das antropoloxías social e cultural.
-
antropoloxía biolóxica/física
Ciencia que estudia o home ou, nun sentido máis amplo, os homínidos, como obxecto das ciencias naturais, analizando a variabilidade normal do corpo humano no espazo e no tempo. En tanto que poden contribuír a este obxectivo a anatomía, a fisioloxía, a xenética e a paleontoloxía humana constitúen o fundamento da antropoloxía física. Na antropoloxía física sintetízanse os coñecementos destas disciplinas co obxecto de situar o ser humano na súa praza na natureza e procurar aclarar cál é a orixe do home como ser natural; cáles son, cómo se explican e que significado teñen para o individuo e para a colectividade as diferencias existentes entre os grupos humanos; cáles son os factores que determinan estas diferencias e cáles son as consecuencias prácticas que se poden sacar desas observacións. Malia que o interese polo estudo antropolóxico do ser humano existía dende a antigüidade grega e chinesa, foi Linné (1707-1778) quen primeiro situou o home, xunto cos simios, no grupo dos primates, feito...
-
antropoloxía cultural
Estudio da cultura humana desde as súas orixes ata aos nosos días e das súas variedades e adaptacións en función das súas relacións sociais e biolóxicas. A antropoloxía física ocúpase dos comportamentos, específicos e universais, da cultura. A antropoloxía cultural precisa do concurso da etnoloxía, a antropoloxía social, a arqueoloxía e a lingüística para o seu desenvolvemento. Ademais, son fundamentais para a antropoloxía cultural os datos da antropoloxía física e, a miúdo emprega os resultados das investigacións sociolóxicas, psicolóxicas, filosóficas, xeográficas, etc. Os métodos experimentais incorporáronse recentemente á antropoloxía co obxecto de determinar o grao de adaptación de certos grupos humanos aos cambios efectuados na súa cultura. A antropoloxía cultural conformouse como ciencia a partir da segunda metade do s XIX, cando se crearon as primeiras sociedades antropolóxicas, coleccións etnográficas e ao iniciarse os traballos de campo e as expedicións científicas a diferentes...
-
antropoloxía económica
Estudio das estratexias, relacións e institucións económicas das “sociedades primitivas”. Dúas teses de Marx son o fundamento da antropoloxía económica: as súas observacións sobre o fetichismo da mercancía, que é o principio central de todo intercambio aínda que cada sociedade presente diversas versións do mesmo fenómeno, e a distinción entre valor de uso e de cambio. As investigacións sobre o intercambio tribal (don e o contradón) realizadas por Malinowski, continuadas por Mauss, que intenta atopar o factor que fai que os suxeitos se sintan obrigados a devolver o dado e aterse aos termos do don e contradón, abren unha liña de investigación antropolóxica na que hai que situar os traballos de Herskovits, Firth, Goodfellow e Polanyi. A partir de 1950 a antropoloxía económica concibiuse dende diferentes enfoques: o formalista e o substantivista. Para o formalismo, representado por Firth, Herskovits, Tax, Pospisil, Epstein ou Schneider, o obxecto da antropoloxía económica...
-
antropoloxía social
Estudio do ser humano en función da súa conduta social. A antropoloxía social proponse obter coñecemento respecto ás institucións e aos procesos sociais que constitúen o sistema de comportamento dos individuos dunha sociedade e, comparando estas formas de comportamento coas doutras sociedades, procurando establecer modelos e categorías de institucións sociais. Caracterízase polo seu método de investigación integral e pola aplicación da técnica etnográfica e de campo, sobre todo a nivel de comunidade, realizada dentro de sociedades primitivas ou de baixa densidade demográfica tratando de obter coñecemento a partir dos conxuntos sociais. Os traballos que fundamentaron cientificamente a antropoloxía social foron os elaborados por Maine, Bachofen, Morgan, Tylor e Frazer; sen embargo, as orientacións posteriores seguen as liñas de investigación abertas por Boas en EE UU, Levi-Strauss en Francia e Malinowski, Radcliffe-Brown e Evans-Pritchard no Reino Unido. As orientacións teóricas máis frecuentes...
-
antropoloxía teatral
Disciplina que estudia as manifestacións teatrais propias dunha cultura determinada e a presenza de elementos teatrais noutras manifestacións artísticas, cerimonias rituais ou celebracións festivas desa mesma cultura. Non obstante , tamén é posible un enfoque intercultural e multicultural, tal como ocorre nos últimos anos. Se ben o estudo das diferentes manifestacións da teatralidade xa se pode documentar desde Grecia, foi a principios do século XX, baixo a influencia da febre orientalista e primitivista que se vivía en Europa e América do Norte, cando se procedeu á descrición e ao estudo doutras tradicións teatrais e á transferencia, intercambio e apropiación das máis diversas técnicas de interpretación, dirección ou formación. Konstantin Stanislavski e Vsevolod E. Meyerhold foron dos primeiros en manifestar a importancia das técnicas teatrais orientais e doutras que se tiñan esquecido, como a Commedia dell’Arte. Non obstante , sería Antonín Artaud quen insistiría na súa importancia para...
-
antropoloxía urbana
Estudio das interaccións entre individuos e grupos inseridos no medio urbano. Na aparición desta disciplina inflúen decisivamente os procesos de independencia das antigas colonias europeas, acontecidos sobre todo entre 1945 e 1970, que adoitan ir acompañadas dun intenso proceso urbanizador das súas poboacións. Os antropólogos levaban estudiando xa desde había tempo problemas que recoñecen como especificamente urbanos, pero isto aínda non lles conducira á análise de presupostos da súa disciplina, non sendo ata finais dos setenta e principios dos oitenta cando o termo acada uso xeneralizado, consolidándose como especialidade académica ben definida. Das correntes xurdidas nos estudios de antropoloxía urbana cómpre destacar en primeiro lugar a Escola de Chicago, dende a que autores como Park, Wirth e Whyte centran o interese no mundo urbano dende puntos de vista ecolóxicos, defendendo que nas cidades se atopan unha serie de áreas ou rexións morais nas que se concentran tipos de poboación con...
-
-
Reflexión filósófica sobre o ser humano. Ten como obxecto o home, non só como ser natural, senón tamén como ser esencial. Segundo Scheler, a antropoloxía filosófica constitúe unha ponte que une as ciencias positivas coa metafísica. Parte, en efecto, das ciencias positivas humanas, como a antropoloxía biolóxica, a psicoloxía, a lingüística, etc, para elaborar e interpretar filosoficamente os seus resultados e buscar a esencia ou estrutura fundamental do ser humano, que explique todas as súas funcións e todas as súas obras específicas: a linguaxe, a consciencia moral, a arte, os mitos, a relixión, a ciencia, a cultura, etc. Non é unha antropoloxía das características ou funcións humanas, senón da esencia do home, polo que se constitúe como unha parte da filosofía. Con todo, non estaba separada con suficiente precisión do núcleo principal da filosofía (lóxica, metafísica, ética) debido a que non tiña definido o seu status epistemolóxico. Tal como se concibe actualmente, a antropoloxía filosófica...
-
Orixinariamente, reflexión sobre o home a partir da revelación: inclúe o tratado teolóxico sobre a creación do home, a súa caída e a súa redención. Actualmente, teólogos como Rahner, Schillebeeckx ou Metz considérana como un motivo teolóxico que determina a mesma teoloxía como tal. Así, non se pode dicir nada sobre Deus, obxecto formal da teoloxía, sen falar tamén do home. Segundo esta perspectiva, derívanse varias consecuencias importantes para a reflexión teolóxica. A primeira é que a teoloxía debe descubrir o estreito vínculo que hai entre o contido das afirmacións dogmáticas e a comprensión propia do home. A segunda, que hai que ter en conta a achega das ciencias humanas e sociais para realizar a súa propia reflexión. A terceira, a importancia da cristoloxía en tanto que en Cristo aparece o que o home é e ten que ser.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma peculiar de determinismo racial creada simultaneamente en Francia por Georges Vacher de Lapouge (1896) e en Alemaña por Otto Ammon (1898), baseada en estatísticas interpretadas baixo o prexuízo da superioridade do louro dolicocéfalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da anatomía vexetal e animal que estudia os sistemas vasculares e as súas enfermidades.