anorexia
(< gr ἀνορεξία‘inapetencia’)
-
s
f
[PAT]
Falta ou diminución das ganas de comer. É un síntoma común a moitas enfermidades e, por si mesmo, ten pouco valor diagnóstico. Os mecanismos que a producen non son aínda ben coñecidos. Normalmente o acto de comer está regulado por un centro da fame e un centro da saciedade, situados no hipotálamo, que poden recibir moitas influencias por diferentes estados patolóxicos; tamén é posible que estes centros sexan influídos por alteracións no metabolismo da serotonina, un neurotransmisor cerebral. Tamén é un síntoma de certos trastornos psíquicos, como a ansiedade e a depresión.
-
anorexia mental
[PAT/PSIC]
Rexeitamento sistemático, de orixe neurótica, dos alimentos, observado xeralmente nas mozas (15-25 anos). A obstinación de non comer é tan inflexible que o enfermo provoca o seu propio o vómito ou abusa dos laxantes a fin de non aproveitar os poucos alimentos inxeridos. A escola psicoanalítica sitúa a súa orixe na regresión do adolescente á situación infantil, na que o alimento é, ao mesmo tempo, o signo, o vehículo e o lazo de amor e protección maternais. O enfermo tería, así pois, unha agresividade contida contra a nai co repudio daquela fase oral.