"ABI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 731.

    1. Que habita nunha casa, nunha localidade ou territorio.

    2. Que habitan nun lugar determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación literaria e cultural editada na Coruña a partir do outono de 1984. Cesou en 1985 (nº5). Subtitulouse “Revista de criazón e ensaio”. Coordinada polo colectivo homónimo, incluíu colaboracións poéticas, un relato por entregas e varias pezas dramáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenvolver a vida un ser vivo nun lugar.

    2. Residir nun determinado lugar.

    3. Desenvolver a vida un ser vivo nun lugar. OBS: Utilízase coa preposición en.

    4. Residir nun determinado lugar. OBS: Utilízase coa preposición en.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Área que reúne as características físicas e biolóxicas necesarias para a supervivencia e reprodución dunha especie.

      1. Modo de distribución territorial da poboación humana nos seus asentamentos. O hábitat resulta da adaptación das sociedades ao seu medio, como produto das súas relacións con el, principalmente os modos de produción. Do hábitat derivan as características distintivas dunha poboación, segundo dous puntos de vista diferentes: o da área natural e o da área cultural. O primeiro termo aplícase a áreas de clima, tipos de solo ou vexetación uniformes e a áreas que presentan unhas combinacións destes factores. O concepto de área de cultura, baseado no feito de que a cultura se localiza en espacios determinados, enténdese como unha sucesión de zonas de distribución que xiran ao redor dun núcleo, que é o centro de dispersión desde onde se difunden os trazos culturais. No proceso de mundialización ou globalización, experimentouse unha expansión do hábitat occidental a todo o mundo, favorecida pola capacidade de difusión da información.

      2. hábitat concentrado

        Forma de ocupación do espazo por parte dunha poboación humana na que os núcleos de poboación ou as vivendas se concentran ao redor dalgún punto estratéxico (encrucillada de camiños, manancial, santuario ou instalación portuaria).

      3. hábitat disperso

        Forma de ocupación do espazo por parte dunha poboación humana na que os núcleos de poboación ou as vivendas se espallan polo territorio. O asentamento da poboación no espazo está en relación co modo de produción da sociedade que o ocupa, ademais de con outros condicionantes culturais ou mesmo lexislativos, polo que o hábitat disperso sería, en determinados medios e culturas, unha estratexia para optimizar a explotación dos recursos naturais de acordo cunha estrutura social xerarquizada dun xeito concreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. estimenta que denota unha profesión ou grao, especialmente as que usan algúns relixiosos.

    2. Roupa que leva unha persoa por devoción ou por unha promesa feita nun voto.

      1. Modo de actuar ou de comportarse que se adquire pola frecuente repetición dun acto.

      2. Facilidade con que se fai algo froito da práctica e da repetición.

      3. Disposición relativamente estable que tende a reproducir os mesmos actos e que se alcanza pola experiencia.

    3. Disposición orgánica como consecuencia dunha acción repetida.

    4. Aspecto externo do enfermo a efectos de diagnóstico. Préstase especial atención á facies, ao tegumento e ás súas coloracións, á posición e ás deformacións.

    5. Aspecto xeral dunha planta que se percibe na distancia.

    6. Tendencia dos minerais a presentarse baixo unha determinada forma xeométrica, é resultado da súa estrutura interna. Pódese observar macroscopicamente, sen necesidade de aparello óptico, ou microscopicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de habituar ou habituarse.

    2. Fenómeno de dependencia psicolóxica creado polo uso dunha droga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se fai por hábito.

    2. Que é costume.

    3. Aplícase á circunstancia na que normalmente se atopa algo ou alguén.

    4. Aplícase ás persoas que van a un lugar con frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén adquira un hábito.

    2. Adquirir alguén un hábito ou costume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modo de comportarse ou de actuar que se adquire por repetición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Arabia Saudí (1975-1982), fillo do monarca ‘Abd al-’Aziz II. Foi vicepresidente do Consello de Ministros (1962-1975) durante o reinado do seu irmán consanguíneo Fay ṣ āl II, ao que sucedeu no trono cando este foi asasinado. Prooccidental en política interior, impulsou algunhas reformas moderadas. Sucedeuno o seu medio irmán Fahd I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sexto soberano da dinastía I de Babilonia, fillo de Sinmuballit. Aproveitouse dun período de decadencia de Asiria e emprendeu unha longa campaña contra Rim-Sim de Larsa na que lle arrebatou paulatinamente os territorios de Isine, Uruk (1786). Entre 1782 a C e 1763 a C mantivo unha etapa de intensa actividade diplomática coas potencias da época (Asiria, Larsa, Mari e Ešnunna). Desde o 1762 practicou unha política expansiva na que conquistou Larsa, Mari (1760 a C) e Ešnunna (1755 a C) e someteu toda Mesopotamia. O seu imperio abarcou os territorios de Sumer, Acad e Elam. No interior tentou integrar os diferentes pobos nunha estrutura nacional, unificada ao redor da lingua, a administración e a xustiza. Unha proba deste impulsou foi o Código de Hammurabi, baseado na lei do talión que identificaba o castigo co dano causado, e que recolle as diferencias sociais como principio para avaliar as penas e os castigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a distinta sílaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade de certos metais e aliaxes de disolver átomos de hidróxeno na súa rede cristalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de honorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Kiev (1017-1054). Unificou os ducados de Kiev e de Novgorod (1019), anexionou os territorios da beira esquerda do Dniéper e converteu Kiev, onde mandou construír a catedral de Santa Sofía, na capital relixiosa, económica e xudicial de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Afirmou a separación entre Deus e os seres creados, pero admitiu a posibilidade dunha ascensión mística ou viaxe. Destacou pola súa eséxese do Al Corán e a al-Futū ḥ at al-Makkiya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de impecable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de impenetrable.

    2. Propiedade pola que dúas porcións de materia non poden ocupar ao mesmo tempo a mesma porción de espacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de impermeable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de impermeabilizar unha tea para impedir o paso dun fluído a través seu. Pode efectuarse aplicando sobre o tecido unha disolución de caucho, gutapercha ou látex, ou ben con materiais sintéticos, vernices, aceites secantes ou derivados da celulosa.

    VER O DETALLE DO TERMO