hábito

hábito

(< lat habĭtu)

  1. s m

    estimenta que denota unha profesión ou grao, especialmente as que usan algúns relixiosos.

    Ex: O frade levaba o hábito atado cunha corda. Os da confraría visten hábito nas procesións.

  2. s m

    Roupa que leva unha persoa por devoción ou por unha promesa feita nun voto.

    Ex: Ofreceuse a san Lázaro para levar hábito todo o ano.

  3. s m
    1. Modo de actuar ou de comportarse que se adquire pola frecuente repetición dun acto.

      Ex: Ten o hábito de ir pasear antes de se deitar.

      Sinónimos: costume, habitude, costume.
    2. Facilidade con que se fai algo froito da práctica e da repetición.

      Ex: Cos anos perdeu o hábito do estudio.

    3. [PSIC]

      Disposición relativamente estable que tende a reproducir os mesmos actos e que se alcanza pola experiencia.

  4. s m [MED]

    Disposición orgánica como consecuencia dunha acción repetida.

    Confrontacións: dependencia.
  5. s m [MED]

    Aspecto externo do enfermo a efectos de diagnóstico. Préstase especial atención á facies, ao tegumento e ás súas coloracións, á posición e ás deformacións.

  6. s m [BOT]

    Aspecto xeral dunha planta que se percibe na distancia.

  7. s m [MINERAL]

    Tendencia dos minerais a presentarse baixo unha determinada forma xeométrica, é resultado da súa estrutura interna. Pódese observar macroscopicamente, sen necesidade de aparello óptico, ou microscopicamente.

Refráns

  • Afíxose o burro ás verzas e non deixou verdes nin secas.
  • Ó cabo do ano ten o mozo as mañas do seu amo.
  • O que colle malas mañas, sempre en malos pasos anda.
  • Pes afeitos a saltar, non saben quedos estar.
  • Vezouse a vella aos grelos e chupou os dedos.
  • Vezouse o burro ás verzas e non deixou verdes nin secas.

Palabras veciñas

Habitantes do Lago, Os | habitar | hábitat | hábito | habituación | habitual | habituar