costume
(< lat consuetumĭne, de consuescĕre ‘acostumar’)
-
s
m
-
Práctica dalgunha cousa repetida regularmente, que realiza unha persoa ou un colectivo.
Ex: Teño o costume de ir ás dez para a cama. Cearmos xuntos na Noiteboa é un costume de toda a miña familia.
Sinónimos: hábito. Confrontacións: usanza. -
Práctica repetida e tradicional dunha colectividade humana.
Ex: O horario das comidas é un costume que pode variar en cada pobo.
-
-
s
m
[DER]
-
Norma xurídica orixinada polo uso reiterado dun acto, durante un prolongado período de tempo. Trátase dunha fonte do dereito de carácter directo, pero subsidiario en case todas as ordes xurídicas. Ten dous elementos: o material, a repetición constante de actos ou uso social, e o espiritual, a convición xurídica da súa necesidade e o seu carácter obrigatorio (opinio iuris). En España, o costume soamente rexe en defecto de lei aplicable, sempre que non sexa contrario á moral ou á orde pública e resulte probado. O costume pode ser secundum legem, cando lle serve de norma de aplicación e interpretación; extra legem, cando substitúe as deficiencias da lei; e contra legem, cando cae a lei en desuso ou establece unha normativa e unha maneira de proceder contraria á lei. O Código Civil español unicamente admite o costume supletorio da lei.
-
Recompilación escrita de costumes xurídicos.
-
-
s
m
[FILOS/SOCIOL]
Fundamento, definido por Hume, de todas as inferencias derivadas da experiencia, que non poden ter un carácter racional debido á falta da conexión necesaria que caracteriza todos os razonamentos de feito. Dende o punto de vista antropolóxico e sociolóxico, afírmase a existencia de tantas éticas coma costumes ou comunidades humanas.
Frases feitas
-
De costume 1 loc adv De xeito habitual. Ex: Xa están rifando por unha miudeza como de costume.
-
2 loc adx Que se ten por costume. Ex: Foi cos amigos a xogar o partido de costume.
-
Por costume loc adv Por estar afeito ou por hábito. Ex: Érguese cedo as fins de semana por costume, aínda que se deite tarde.