costro

costro

(< lat colostru)

  1. s m [BIOL]

    Primeira secreción das glándulas mamarias que se produce durante os días posteriores ao parto, e que gradualmente dá paso ao leite. Ten unha composición intermedia entre o leite e o soro sanguíneo. Caracterízase por ser moi denso, viscoso, amarelento, rico en proteínas, especialmente en albuminas, aínda que pobre en caseína, con escasa proporción de lactosa e con gran cantidade de sales minerais. Presenta leucocitos especiais e anticorpos que lle confiren ao neonato inmunidade pasiva. Tamén ten efectos laxantes que facilitan a expulsión das primeiras feces acumuladas polo feto durante a xestación, denominadas meconio. Tamén se denomina formigo.

  2. s m

    Líquido viscoso e transparente segregado pola vaca que non está de leite ao apertarlle un teto.

Palabras veciñas

Costoya Sesto, Luís Ángel | costra | costrán | costro | costume | costume | costumismo