costura
(< lat v*consūtūra, de cum ‘con’ + sūtūra ‘costura’)
-
s
f
Acción e efecto de coser.
Sinónimos: cosedura. -
s
f
-
Serie de puntadas que unen dúas pezas de tea, de coiro ou de calqura outra cousa.
Ex: O vestido parece dunha soa peza, non se lle notan as costuras.
Sinónimos: cosedura. -
Ancho dun tecido que se mantén pola parte interior de dúas ou máis pezas que se cosen.
Ex: As costuras da tenda de campaña tiñan dous centímetros de largo.
-
-
-
s
f
Arte, oficio ou profesión de deseñar e coser pezas de roupa.
Ex: Moitas mulleres da miña idade aprendemos costura cando eramos novas.
Confrontacións: confección. -
alta costura
Actividade profesional especializada no deseño de pezas de vestir exclusivas e elegantes. O primeiro en presentar unha colección de modelos para cada temporada foi Charles Frédéric Worth en 1858. Posteriormente, algúns dos deseños da alta costura pasaron a ocupar os escaparates das tendas de moda para venderse como prêt-a-porter, roupa adaptada ás necesidades inmediatas do cliente e que apenas precisa modificacións. Entre algunhas das casas e deseñadores máis importantes da alta costura cómpre salientar Chanel, Balenciaga, Christian Dior, Paco Rabanne, Oscar de la Renta, Versace, Jean Paul Gaultier, Emmanuel Ungaro, Valentino e Yves Saint Laurent.
-
s
f
-
s
f
costurón.
-
s
f
[IND]
Defecto superficial dunha peza de molde que ten o aspecto dun suco coas beiras arredondadas.
-
s
f
[IND]
Zona de unión de dúas pranchas remachadas ou soldadas.
-
s
f
[MAR]
Xunta das táboas ou pranchas que constitúen o casco dunha embarcación.
Frases feitas
-
Apertarlle as costuras a alguén. 1 Reconvir a unha persoa.
-
2 Meter a alguén en apuros.
-
Asentarlle as costuras a alguén. Castigar a unha persoa.
Refráns
- A que non sabe remendar non serve para casar.
- Compón o teu saio e durarache un ano.
- Cose canto poidas e verás canto aforras.
- O que non está afeito ás bragas, as costuras fanne chagas.
- Puntada ben forte na casa do pobre que é xente de ben, pois dá do que ten.