"APA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Jean Moréas, escribiu en francés. Os seus primeiros libros mostran unhas claras resonancias de Baudelaire e Verlaine, pero máis tarde distanciouse do simbolismo, do que foi voceiro, para atopar a súa propia voz poética. Da súa produción destacan Les Syrtes (1884), Les Cantilènes (1886), Le Pélerin passionné (1891-1893) e Iphigénie en Tauride (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade de papa.

    2. Institución histórica do pontificado, na súa continuidade. Desde o principio, a natureza do seu poder, espiritual e temporal, e a súa supremacía foi fonte de conflitos e controversias. O bispo de Roma, como sucesor de san Pedro, ocupa a máxima autoridade na Igrexa Católica. Esta supremacía comezou a definirse nas primeiras comunidades cristiás. Desde o s III, os bispos de Italia central e meridional considerárono o seu metropolitano e celebraron sínodos baixo a súa presidencia. Desde os primeiros séculos do cristianismo existiron antipapas, non recoñecidos pola Igrexa Católica. Despois do Edito de Milán (313), recoñeceuse a supremacía do papa e o Papa Dámaso I (366-384) viu recoñecido o supremo poder xudicial sobre todos os metropolitanos de Occidente. Durante o s IV e comezos do s V, os papas reclamaron para si unha autoridade especial. Xelasio I (492-496) formulou por primeira vez a doutrina dos dous poderes, o espiritual e o temporal, e promulgou diversos textos legais e disciplinarios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar grego. Acadou o grao de coronel (1960) e actuou nos servizos de información militar ata 1967, ano en que, despois do Golpe dos Coroneis, se apoderou do goberno. Gobernou ditatorialmente, favorecendo a corrupción e exercendo a represión de intelectuais, políticos e obreiros. Proclamou unha república e aboliu a monarquía (1973), e declarouse o seu presidente, pero foi derrocado poucos días despois. En 1975 foi xulgado e condenado a morte, pena que lle foi conmutada pola cadea perpetua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ouriolo.

    2. Cada unha das velas maiores, a maior e a trinquete, cando a embarcación navega só con estas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome con que se coñece unha serie de aves da orde dos psitaciformes, propias dos países cálidos, que se caracterizan por ter o peteiro forte e curvo, a cola curta, dedas moi longas coas que leva a comida á boca e plumas de variadas e vivas cores. Domesticado é quen de imitar a fala humana. Son mellores como gabeadores ca como voadores, e son moi apreciados como paxaros de gaiola. O papagaio gris (Psittacus erithacus) habita na selva de África central. O papagaio de cabeza amarela (ou papagaio real ) (Amazona ochrocephala) habita en América Central e América do Sur, xunto co papagaio de fronte azul (A. aestiva) e o papagaio de fronte branca (A. leucocephala).

    2. Planta herbácea que presenta follas grandes, saxitadas, xeralmente verdes con manchas brancas e cos nervios vermellos, e de espádices coa espata verde por baixo e branca ou amarela por riba. É unha especie propia das rexións tropicais de América do Sur.

    3. Persoa que fala moito e sen mesura.

    4. Persoa que repite, de cor e sen comprender o sentido, o que leu ou escoitou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político. Participou nas Guerras Balcánicas e durante a Segunda Guerra Mundial fomentou a resistencia contra o Eixe. Prendido e deportado a Alemaña, ao ser liberado, o goberno grego outorgoulle o rango de mariscal (1947). En 1949, con poderes especiais, rematou a guerra civil. Tres anos despois presidiu o goberno e impuxo en Grecia unha política filooccidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito do papaio, de cor amarela alaranxada e de forma e tamaño dun melón, cunha polpa agridoce, que se consome crúa, confitada, guisada ou en conserva. É rica en papaína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima proteolítico procedente do tronco, das follas e do froito do papaio. Emprégase en substitución da pepsina, como vermicida e como aditivo abrandador da carne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore pequena e dioica, cauliflora, que presenta tronco suculento, follas grandes, alternas, palmatipartidas e longamente pecioladas, flores amarelas, unisexuais, regulares e pentámeras, e froitos baciformes. É orixinaria de América Central, pero se cultiva comunmente en moitas zonas tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia espesa e branda de consistencia líquida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de México, de 440 km de lonxitude, que nace nos montes do estado de Oaxaca e desemboca na lagoa de Tequiapán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común que reciben as aves que pertencen ao xénero Stercorarius, da orde dos caradriformes. Presentan sexos iguais e forma semellante á das gaivotas.

    2. Ave de 46 cm, de plumaxe de cor variable; a forma clara ten a parte inferior do corpo branca, e a forma escura é totalmente moura, ambas co peteiro negro. De ampla distribución, habita en Europa, Asia e América, e en España pode observarse no norte. Aliméntase de peixes, e ás veces perseguen outras aves para que regurxiten o seu alimento e así devoralo despois. En Galicia é unha ave de paso, xa que inverna nas zonas tropicais.

    3. Ave que mide arredor de 50 cm, con formas claras, escuras e intermedias, que se diferenza dos outros porque as plumas sobresaíntes da cola teñen forma redonda. Caracterízase pola súa rapidez, que utiliza nas súas accións de pillaxe, tanto roubando ovos como facendo regurxitar a comida a outras aves mariñas. En Galicia é unha ave de paso que se pode observar entre setembro e outubro.

    4. Ave moi similar en colorido ao papamerda real e ao palleiro pero con dúas plumas moi sobresíantes na cola. Mide aproximadamente entre os 51 e 56 cm, ten a cabeza negra, a parte inferior branca e as patas e o peteiro negros.

    5. Ave de aproximadamente 58 cm, de cor parda, cunhas manchas brancas nas ás e na cola en forma de cuña. É unha gran voadora e aliméntase de peixes e de roubos a gaivotas, tanto comida semidixerida como ovos. A prea tamén forma parte da súa dieta. En Galicia é unha ave de paso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Denominación de diversos paxaros da familia dos muscicápidos, da orde dos paseriformes, que teñen o peteiro fino e se alimentan de insectos.

      2. papamoscas cinsento [Muscicapa striata, Fam dos muscicápidos]

        Ave de aproximadamente 14 cm que presenta as partes superiores de cor parda cinsenta e as inferiores máis claras, co peito lixeiramente listado. Aliméntase de pequenos insectos que atrapa mentres voa. Vive en xardíns, arboredos e bordos dos bosques de toda Europa e hiberna na África tropical. En Galicia é estival e pode verse nalgúns concellos do S do Courel e do NL de Ourense, así como nalgunhas zonas das Rías Baixas.

      3. papamoscas negro [cast: papamoscas; ingl: flycatcher] [Ficedula hypoleuca, Fam dos muscicápidos]

        Ave de case 12 cm, que presenta diferenzas de coloración entre o macho e a femia. O primeiro é negro salvo nas ás, a testa e os laterais do rabo, que teñen bandas brancas. A femia é igual pero parda en lugar de negra. Aliméntase de insectos e bagas. Habita no centro e NL da Península Ibérica e en Europa. En Galicia é unha ave de paso.

      4. papamoscas paporrubio [Ficedula parva, Fam dos muscicápidos]

        Ave de case 12 cm, que presenta diferenza de coloración entre os sexos. O macho ten o peito dunha cor alaranxada, a cabeza gris e as ás pardas. As femias carecen do laranxa do peito. Aliméntanse de insectos e bagas. En Galicia a súa presenza é accidental.

    1. papán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen amosa pouca intelixencia, é inocente e resulta fácil de enganar.

    2. Que ou quen se asombra ante calquera cousa e perde a capacidade de reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista grego, fillo de Papandreu. Ocupou dous ministerios sucesivos no goberno de seu pai (1964-1965). Prendido pola Ditadura dos Coroneis, en 1967 exiliouse. En 1974 volveu a Grecia, onde fundou e encabezou o Panellino Socialistiko Kinima (Movemento Socialista Panhelénico, PASOK). Foi primeiro ministro de Grecia (1981-1989 e 1993-1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego, pai de Andreas Georgios Papandreu. Fundador do partido socialdemócrata, tivo que exiliarse durante a ditadura de I. Metaxas. Loitou contras os alemáns (1941-1944) e, en Exipto, foi o xefe do goberno grego no exilio. Como representante da Unión do Centro, foi primeiro ministro grego (1963), pero entrou en rivalidade con Constantino II, que o destituíu (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO