"Arra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 638.

    1. Adubar as sardiñas, unha vez lañadas, con pemento, tomate e cebola, para asalas despois entre follas de parra.

    2. Tirar ao chan.

    3. Abrir moito as pernas.

    4. Caer ao chan tendido ao longo.

    5. Poñerse ás carranchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Nacionalizouse costarriqueño en 1869. Foi ministro de Estado, presidente interino (1889) e presidente da República entre 1902 e 1906. Durante o seu mandato preocupouse por solucionar a cuestión dos límites con Panamá e continuou a construción do ferrocarril cara ao Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militante anarcosindicalista. Tomou contacto co obreirismo organizado en Bos Aires, a onde emigrara moi novo. Cando traballaba de cargador no porto, participou en diversos conflitos laborais e integrouse na Federación Obrera Regional Argentina (FORA). En 1919, tralos sucesos da Semana Trágica bonaerense, foi deportado e trasladado a Tui. Na década dos anos vinte, como representante dos traballadores dos serradoiros, colaborou na conformación do Sindicato General de Trabajadores, que dominou a actividade societaria tudense ata a Guerra Civil; foi un dos fundadores do Sindicato Provincial de Aserradores, de carácter unitario e que reunía sociedades obreiras do ramo radicadas en Tui, Ponteareas, Vigo, Vilagarcía, Salvaterra, Caldelas e Guillarei. En 1922 foi encadeado no transcurso dos acontecementos de Sobredo e posteriormente deportado; trasladouse a Santiago de Compostela, onde residiu no período da Ditadura de Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á organización ETA.

    2. Membro de ETA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de 33 poemas da autoría de Gloria Sánchez galardoado en 1990 co Premio Merlín e incluído en 1994 na IBBY Honour List. Caracterizado pola súa naturalidade, ironía e humor, conxuga a tradición popular coa modernidade e emprega un ritmo rápido apoiado en recursos paralelísticos e xogos de palabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto musical composto fundamentalmente por instrumentos de metal e percusión.

    2. Música que interpreta este conxunto musical.

    3. Diversión ou festa, normalmente buliciosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bolsa pequena que atan as mulleres con cintas por debaixo da faldra para gardar os cartos.

    2. Peto das pezas de vestir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa grande que empregan principalmente os pastores ou mendigos e que serve para gardar cousas sólidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa pequena e de pouco peso, pero moi atrevido ou botado para diante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante estadounidense. Loitou na guerra de Secesión cos estados da Unión e tivo un papel destacado na conquista de New Orleans (1862) e da rexión do Mississippi. A súa fama debeuse sobre todo á conquista da baía de Mobile (1864), que constituía un importante arsenal sudista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Farrapo de neve.

    2. Manta caseira que se fai con anacos de teas diferentes de distintas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ou morea de farrapos.

    2. Precipitación de neve en forma de farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer a neve en forma de farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manta que se fai con anacos de teas de diferentes cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen está vestido con farrapos e pouco aseado.

    2. Persoa que compra e vende farrapos ou trapos vellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar en que se almacenan cousas usadas, trapos ou roupa vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea roto, sucio e moi gastado.

    2. Peza de roupa vella, sucia e moi esfiañada.

    3. Cada un dos anacos pequenos en que cae a neve.

    4. Flocos que colgan e adornan o roncón e o fol da gaita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe imaxinario, con figura de vello, que serve para asustar os nenos pola noite, dicíndolles que os vai levar nun saco se se portan mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, musicólogo e director coral. Comezou os estudios musicais no seminario de Valladolid e, posteriormente trasladouse á Coruña para ingresar na Banda do Rexemento de Zamora establecida na cidade. Seguiu a carreira militar, fundou a rondalla Blanco y Negro, dirixiu o orfeón coruñés El Eco, e fundou o orfeón Cantigas da Terra e os coros Queixumes dos pinos e Saudade. Da súa produción destacan as pezas Froleos, Lolita, Foliada de Augasantas, Risas e bágoas, Quer que lle quer, Unha bágoa, Polvorita e Foliada de San Benito de Angoares. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e académico numerario da de Belas Artes da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO