Estévez Arranz, Severino
Militante anarcosindicalista. Tomou contacto co obreirismo organizado en Bos Aires, a onde emigrara moi novo. Cando traballaba de cargador no porto, participou en diversos conflitos laborais e integrouse na Federación Obrera Regional Argentina (FORA). En 1919, tralos sucesos da Semana Trágica bonaerense, foi deportado e trasladado a Tui. Na década dos anos vinte, como representante dos traballadores dos serradoiros, colaborou na conformación do Sindicato General de Trabajadores, que dominou a actividade societaria tudense ata a Guerra Civil; foi un dos fundadores do Sindicato Provincial de Aserradores, de carácter unitario e que reunía sociedades obreiras do ramo radicadas en Tui, Ponteareas, Vigo, Vilagarcía, Salvaterra, Caldelas e Guillarei. En 1922 foi encadeado no transcurso dos acontecementos de Sobredo e posteriormente deportado; trasladouse a Santiago de Compostela, onde residiu no período da Ditadura de Primo de Rivera.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Guillarei