"Aso" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 411.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Mondariz baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo de Sobroso.
-
-
ENCORO
Encoro sobre o río Mao, tributario do Cabe, da conca do Miño, provocado pola presa construída no límite das parroquias de Vilasouto e Eirexalba (O Incio). Cunha capacidade de 20,45 hm3, abastece a Terra de Lemos.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e teólogo italiano. Dominicano, coñecido como Gaetano, foi profesor de metafísica tomista en Padua (1494) e de teoloxía en Pavia (1497-1499) e procurador xeral (1501-1508) e mestre xeral (1508-1517) da súa orde. Interveu nos inicios do proceso contra Lutero e na elección de Carlos V como emperador. Escolástico e tomista, destacan os seus comentarios á Summa theologica de Tomé de Aquino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral ruso. Participou na Guerra Civil co exército vermello. Na Segunda Guerra Mundial dirixiu a defensa de Kiev. Capturado polos alemáns, aceptou colaborar con eles. Ao final da guerra os estadounidenses entregáronllo aos rusos, que o condenaron á forca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espionaxe que realizou o Republican Party, nese momento no poder, ao Democratic Party, que tiña instaladas as súas oficinas no hotel Watergate de Washington, durante as eleccións presidenciais de 1972. Provocou un forte escándalo e no proceso de investigación destacaron as denuncias da prensa, especialmente as do Washington Post. Ante o perigo de impeachment, o presidente Nixon tivo que dimitir (1974).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe da mitoloxía grega, fillo de Esón, rei de Iolco. O seu tío Pelias usurpoulle o trono, que prometeu cederlle se atopaba o vélaro de ouro, que conseguiu coa axuda dos argonautas e da feiticeira Medea. Á súa volta, Xasón e Medea vingaron a morte de Esón, asasinado por Pelias, e trasladáronse a Corinto, onde Xasón a traizoou casando coa filla do rei. En vinganza, Medea matou a noiva, así como aos seus propios fillos, que tivera con Xasón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea anual, de ata 6 m de altura, con talo erecto, simple ou ramificado ao longo do que se dispoñen follas alternas, ovadas ou lanceoladas. As flores, de cor amarela ou alaranxada e cun diámetro de ata 20 cm, son solitarias ou se atopan agrupadas no extremo dos talos, e se caracterizan por moverse seguindo a traxectoria do sol. Aínda que é orixinaria de América Central cultívase en todo o mundo polo seu valor alimentario, tanto das sementes como do aceite que se extrae destas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (4.162 km2; 558.530 h [2000]). A capital é Yasothon (21.523 h [1993]).