Watergate, caso
Watergate, caso
Espionaxe que realizou o Republican Party, nese momento no poder, ao Democratic Party, que tiña instaladas as súas oficinas no hotel Watergate de Washington, durante as eleccións presidenciais de 1972. Provocou un forte escándalo e no proceso de investigación destacaron as denuncias da prensa, especialmente as do Washington Post. Ante o perigo de impeachment, o presidente Nixon tivo que dimitir (1974).