wáter-polo

wáter-polo

(< ingl water-polo)

s m [DEP]

Deporte colectivo de pelota disputado nunha superficie limitada de piscina (30 por 20 m). Cada equipo está formado por sete xogadores: un porteiro, dous defensas, un medio, tres dianteiros e catro suplentes. Os partidos dispútanse en catro períodos de cinco minutos de xogo real. Orixinario de Gran Bretaña, remóntase á primeira metade do s XIX. É olímpico desde as Olimpíadas de París en 1900. A selección española conseguiu o cuarto lugar nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980), a medalla de prata nos de Barcelona (1992) e o ouro en Atlanta (1996).