"Ava" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 621.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudiou en Nápoles. Da súa produción destacan I Pagliacci (1892), que o converteu nun dos destacados da escola verista da ópera, Chatterton (1896), La bohème (1897), eclipsada pola homónima de Pucini, Zazà (1900), Tormenta (1914), de ambiente sardo, e Edipo re (1920, póstuma). Foi tamén autor dos libretos que empregaba.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado que se realiza sobre un tecido.
-
PERSOEIRO
Compositor, musicólogo e escritor. Exerceu a crítica musical durante cincuenta anos e colaborou na Revista Musical Catalana. En 1903 fundou a Orquestra Valenciana de Cámara e foi nomeado profesor do conservatorio de València. Da súa obra destaca Valenciana, Abanicos antiguos, Rapsodia valenciana ou Acuarelas. Como crítico destacan Música popular española (1972), Historia de la música (1929) e Folklore musical español (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Navarra, conde de Beaumont-le-Roger, Normandie (1365) e duque de Durazzo (1370), fillo dos reis Filipe I o Fermoso e Xoana I a Tola. De 1372 a 1376, e financiado por Carlos V de Francia, formou a Compañía Navarra de mercenarios para reconquistar o Reino de Albania.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luís X de Francia.
-
PERSOEIRO
Emperador do Sacro Imperio Romano (1328-1347), duque da Alta Baviera (1294-1347) e rei de Italia (1327-1347). Foi elixido emperador despois de pelexar con Federico de Habsburgo. Durante o seu reinado enfrontouse co Papa Xoán XXII, que se negou a recoñer a súa lexitimidade, e foi destronado ao enemistarse cos príncipes e coa nobreza alemana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Juan de Juanes, formouse no taller do seu pai Vicent Macip. Reaccionou contra os efectos da perspectiva arquitectónica propios de comezos do s XVI, mentres que na paisaxe continuou coa práctica da tradición clasicista. Creou temas relixiosos como o Xesús Cristo eucarístico, a Virxe do Leite, a Sagrada Familia e a Inmaculada Concepción. Foi o autor do retablo da igrexa de Sant Nicolau en València e as táboas de Sant Eloi, a Inmaculada, a Santa Cena (1550) e o ciclo da vida e martirio de Sant Esteve (1565).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación versificada de máximas xurídicas, sociais, relixiosas e morais, considerada a fonte do dereito hindú. A súa redacción puido levarse a cabo entre os ss II a C e I d C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composición literaria en lingua dravídica malayalam, que imita o estilo e a temática relixiosa e tradicional sánscrita. Dos textos escritos nesta modalidade destacan o Rāmāyan.a (o máis antigo, do s XIII), un canto de Krixna de Ceressuri Nambūri (s XV) e unha crónica de Kerala (s XVII).
-
PERSOEIRO
Político e sociólogo, fillo de Josep Antoni Maravall i Casesnoves. Militante do PSOE desde 1979, como ministro de Educación e Ciencia (1982-1988) elaborou a Lei de Reforma Universitaria (LRU). Escribiu El desarrollo económico y la clase obrera (1970), La política de la Transición (1981), La Reforma de la Enseñanza (1985) e Políticas de bienestar y desempleo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Escribiu numerosas obras de interpretación histórica como Teoría del estado en España durante el siglo XVIII (1944), El concepto de España en la Edad Media (1955), Teoría del saber histórico (1958), Las comunidades de Castilla, una primera revolución moderna (1963) e Estado moderno y mentalidad social (1972). Foi membro da Academia de Historia de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
maravallada.
-
Ramaxe miúda e seca das árbores.
-
Cousa sen importancia.
-
Nome que reciben as plantas do xénero Calendula, da familia das asteráceas.
-
-
MONTES
Monte situado na fronteira con Portugal, no extremo S da parroquia de Río Caldo (Lobios). O seu cumio acada os 1.532 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de cousas revoltas e sen orde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
marfalleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de anemia hemolítica, de evolución crónica con perda persistente de ferro polos ouriños (hemosiderinuria). Durante o sono, a hemólise agudízase e prodúcese hemoglobinuria, que dá unha cor escura aos ouriños. A diagnose confírmase no laboratorio provocando a hemólise con soro acidificado (proba de Ham-Dacie). OBS: Tamén se denomina hemoglobinuria paroxismal nocturna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Margarida de Valois-Angulema.
-
PERSOEIRO
Raíña de Aragón, filla de Filipe III de Navarra. Casou en 1338 con Pedro IV de Aragón e foi nai de Costanza, nada en 1340, raíña de Sicilia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Economía pola Universitat de Barcelona (1974), foi concelleiro do Ajuntament de Barcelona (1987-1995), conseller de Política Territorial i Obres Públiques (1995-1997) e de Economia i Finances (1997-2000). Conseller en cap da Generalitat de Catalunya (2001-2004), foi candidato á presidencia da Generalitat por CiU en 2004.
VER O DETALLE DO TERMO