Manipravāla
Manipravāla
[LIT]
Composición literaria en lingua dravídica malayalam, que imita o estilo e a temática relixiosa e tradicional sánscrita. Dos textos escritos nesta modalidade destacan o Rāmāyan.a (o máis antigo, do s XIII), un canto de Krixna de Ceressuri Nambūri (s XV) e unha crónica de Kerala (s XVII).