manipulador -ra
(< manipular)
-
adx e s
Que ou quen manipula.
Ex: A miña irmá fai co mozo o que quere, é moi manipuladora. O manipulador das substancias perigosas na fábrica é meu irmán.
-
s
m
manipulador de Morse
-
Aquilo que serve para manipular.
-
[TECNOL]
Aparato manual que establece modificacións nun circuíto, como conectalo ou desconectalo, e que se emprega en tracción eléctrica para controlar a marcha dos vehículos. OBS: Tamén se denomina controlador de marcha ou combinador de marcha.
-
[TECNOL]
Aparato constituído por dous brazos articulados que permite manexar a distancia substancias radioactivas. Emprégase, especialmente, nunha celda quente.
-
-
Persoa que se dedica á distribución e venda de produtos alimentarios frescos sen envasar, ou ben á elaboración, á manipulación e ao envase non mecánico ou sen esterilización posterior destes produtos, ou á preparación culinaria de alimentos destinados ao consumo directo. Os aspirantes teñen que pasar un examen no que se ten que demostrar coñecementos básicos sobre alimentación e hixiene.