manípulo

manípulo

(< manipŭlu ‘unidade militar’)

  1. s m [HIST]
    1. Insignia primitiva dos soldados romanos que consistía nun puñado de herbas atadas a un pau e, posteriormente, nun estandarte cunha man aberta.

    2. Subdivisión da lexión romana, constituída por dúas das sesenta centurias das que formaban unha lexión; o número dos seus compoñentes oscilaba entre 50 e 120 e tiña dous centurións.

  2. s m [RELIX]

    Insignia ou ornamento litúrxico que portaban o subdiácono, o diácono e o celebrante no antebrazo esquerdo, durante a celebración da misa.

Palabras veciñas

manipulación | manipulador -ra | manipular | manípulo | Manipur | maniqueísmo | maniqueísta