manípulo
manípulo
(< manipŭlu ‘unidade militar’)
-
s
m
[HIST]
-
Insignia primitiva dos soldados romanos que consistía nun puñado de herbas atadas a un pau e, posteriormente, nun estandarte cunha man aberta.
-
Subdivisión da lexión romana, constituída por dúas das sesenta centurias das que formaban unha lexión; o número dos seus compoñentes oscilaba entre 50 e 120 e tiña dous centurións.
-
-
s
m
[RELIX]
Insignia ou ornamento litúrxico que portaban o subdiácono, o diácono e o celebrante no antebrazo esquerdo, durante a celebración da misa.