Manipur
Manipur
Estado de India situado entre os estados de Assam e Myanmar (22.356 km2; 2.388.634 h [2001]). A súa capital é Imphāl. É unha rexión montañosa, húmida e cuberta de bosques, que fan que a explotación forestal sexa importante. A poboación concéntrase á beira do lago Logtak, onde está a capital. Cultívase arroz, cana de azucre e tabaco.