"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

  • Doutrina filosófica que se basea na crítica da experiencia pura para a eliminación dos supostos metafísicos. Desenvolvérona R. Avenarius e E. Mach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de capela. Formouse na catedral da súa vila natal con Xosé Pacheco e, posteriormente, arredor de 1825, ingresou no mosteiro de Oseira como organista. No ano 1853 trasladouse a Ourense para ocupar a praza de mestre de capela da catedral ata o seu pasamento. Foi un dos mestres que cultivou o vilancico en galego, seguindo os modelos creados polos seus predecesores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autora e directora de escena. En colaboración co seu home, Lauro Olmo, escribiu varias pezas dramáticas para rapaces. Entre elas destacan, Asemblea xeral (1969) e O león namorado (1969). En 1982 Edicións Xerais de Galicia publicou o volume Asemblea Xeral e dúas pezas máis, traducidas ao galego por Daniel Cortezón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformarse nun quiste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da mucosa dunha vexiga, especialmente da urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Foi deputado por Valdeorras (1872-1873; 1898-1899; 1901-1903), por Ponferrada (1893-1895) e senador pola Coruña (1896-1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Licenciado en Dereito (1802) pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en Ourense como avogado e dende 1820 como xuíz. Elixido deputado a Cortes polo Partido Liberal en 1821, formou parte da comisión do Tribunal de Cortes. Trala caída dos liberais, os absolutistas ourensáns obrigárono a exiliarse. Trasladouse á Coruña, onde foi decano do colexio de avogados da cidade. En 1838 nomeárono maxistrado da Audiencia de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Helenista e reformador. Entrou en contacto cos pensadores reformadores na Universidade de Louvain en 1539. Acudiu a Wittenberg á casa de F. Melanchton, quen o animou a traducir o Novo Testamento ao castelán. Rematado o traballo, marchou a Anveres a publicalo (1543). Levoulle a súa obra ao Emperador Carlos V, pero despois de examinado o libro foi encarcerado en Bruxelas. Fuxiu e refuxiouse en Inglaterra onde, grazas á recomendación de F. Melanchton, lle concederon a cátedra de Grego en Cambridge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi secretario de Carlos I e, como notario maior, autorizou a súa renuncia en Flandres en favor de Filipe II (1555). Foi secretario dos consellos de Indias e da Inquisición con Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina filosófica que consiste no exercicio da dúbida como método. É unha teoría do coñecemento que expón que non hai ningún saber firme, nin que nunca se pode atopar unha opinión absolutamente segura. Nunha vertente práctica, trátase dunha actitude de dúbida constante diante do considerado como verdade. Os escépticos mantiñan que, de haber un coñecemento seguro, non habería cambios nos contidos do coñecemento, como aconteceu ao longo dos séculos. Para eles a verdade absoluta non existe. Iniciada polos sofistas no s V a C, Gorxias mantivo que nada existe, e no caso de existir, non se pode coñecer, e de poderse coñecer, non se pode comunicar. Posteriormente, a partir do s III a C, o escepticismo desenvolveuse nas doutrinas de Pirrón de Élide. No s XVI, M. E. Montaigne defendeu un certo escepticismo, e no XVII, R. Descartes adoptou unha posición escéptica desde un punto de vista metodolóxico para, a partir da dúbida metódica, atopar a primeira verdade do seu sistema filosófico. O escepticismo...

      2. escepticismo epistemolóxico

        Doutrina que dubida da posibilidade dun coñecemento verdadeiro.

    1. Actitude que amosa a persoa que dubida de todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de escindir ou escindirse.

      1. Forma de reprodución asexual pola que un organismo se divide en partes iguais. É o sistema de división máis usual entre bacterias, algas e protozoos, e tamén nalgúns metazoos.

      2. escisión binaria

        escisiparidade.

      3. escisión múltiple

        División dun organismo en máis de dúas partes.

    2. excisión.

    3. Proceso diacrónico polo cal un fonema se transforma en dous ou máis distintos a partir, xeralmente, dunha diferenciación fónica contextual. Segundo o resultado, pódese falar de fonoloxización, transfonoloxización ou desfonoloxización. Así, explícase, por exemplo, a evolución do fonema /k/ en latín (ortograficamente <c>), que deu en galego solucións diversas: CANTARE > [k]antar, CIVITATE > [ɵ]idade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de reprodución asexual por división múltiple na que un organismo se divide en dous lonxitudinal ou transversalmente. É a reprodución típica das bacterias. Tamén se coñece como escisión binaria ou fisiparidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. escolástica.

    2. Calidade de escolástico.

    3. Exclusivismo e hermetismo dunha escola, doutrina ou tecnicismo científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi director da Coral de Bilbao e creador da Banda Municipal de Donostia. Entre as súas composicións salientan El sueño de un bailarín (1944), Concierto vasco para piano e orquestra (1947), Illeta (Premio Iparaguirre da Deputación Foral de Gipuzkoa, 1953), Zigor (1963), Tonemas (1982), Gernika (1987), Quinta Sinfonía: Ultreia (1994) e Gnosis (1996). Foi galardoado en tres ocasións co Premio Nacional de Música e ademais recibiu o Premio Nacional de Bellas Artes (1937), pola obra Trío bucólico, o Premio Nacional Manuel de Falla, a Medalla da Deputación Foral de Gipuzkoa (1992), a Medalla do Concello de Donostia (1992), a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes (1997) e a Medalla da Sociedad de Autores y Editores (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula globosa do talo das rodofíceas rica en bromo e iodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor dominicano. Loitou pola independencia na segunda dominación española. Unha vez restaurada a República, foi elixido presidente (1876), cargo ao que renunciou seis meses despois tras facer fronte a varios alzamentos rebeldes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político venezolano. Ocupou diversos cargos públicos ata 1810, cando se uniu á causa emancipadora. Formou parte da Junta Patriótica, foi presidente da Alta Corte de Justicia e gobernador de València, ata a capitulación da cidade, trala que foi apresado e executado polas forzas realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Eugenio de Santa Cruz y Espejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gametocisto produtor de aplanogametos, os espermacios, propio das plantas que se reproducen por tricogamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. As súas creacións apareceron en diversas publicacións como Atlántico Express, Mancomún, Cuadernos de Psicoloxía e Artesonado. Cómpre destacar a súa participación nas seguintes mostras colectivas: I Fotobienal de Vigo (1984), I Bienal Lucense de Fotografía (1985), exposición Ollares no Tempo (A Coruña, 1985); mostra Foco de fotografía contemporánea (Madrid, 1985); exhibición Cuatro por Veinte (Lugo, 1988); II Mostra Fotográfica de Lugo (1989); e mostra do Outono Fotográfico (Ourense, 1990).

    VER O DETALLE DO TERMO