Enciso Arriola, Pascual
Enciso Arriola, Pascual
Mestre de capela. Formouse na catedral da súa vila natal con Xosé Pacheco e, posteriormente, arredor de 1825, ingresou no mosteiro de Oseira como organista. No ano 1853 trasladouse a Ourense para ocupar a praza de mestre de capela da catedral ata o seu pasamento. Foi un dos mestres que cultivou o vilancico en galego, seguindo os modelos creados polos seus predecesores.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Mondoñedo -
Deceso
Lugar : Ourense