"DOM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • GALICIA

    Xornalista e crítico teatral. Redactor de La Región (1933) e da revista Mundo (1939) en Madrid, colaborou en La Voz de España, Artes y Letras e Misión. Foi director da revista Blanco y Negro, correspondente da axencia EFE no estranxeiro e colaborador de opinión en ABC. Escribiu pezas dramáticas que non se chegaron a estrear como El Exiliado, Comedia para estudiantes ou Epitafio para un soñador, e a novela Señor profesor (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno polo que un organismo heterocigótico para un par de alelos perde unha porción do cromosoma do alelo dominante, que fai que o alelo recesivo se manifeste fenotipicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exsudación patolóxica que se produce na superficie das mucosas e das serosas, formada a miúdo, pero non sempre, por un filtro fibrinoso que se desengancha en forma de laminas que non se disocian na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pseudomonadáceas.

    2. Bacteria da familia das pseudomonadáceas.

    3. Familia de bacterias pseudomonadais que agrupa formas alongadas, rectas, raramente cocoides, móbiles por flaxelos polares, de crecemento moi rápido. Son oxidativas e teñen unha distribución moi ampla. Algunhas son cromoxénicas. Os xéneros máis importantes son Pseudomonas (como P. aeruginosa), Phythomonas e Xanthomonas, que son saprófitos dos vexetais, Protaminobacter e Mycoplana, entre outros moitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pseudomonadais.

    2. Bacteria da orde das pseudomonadais.

    3. Orde de bacterias que agrupa formas unicelulares illadas, nunca tricomas, ríxidas, bacilares, case nunca cocoides, Gram-negativas e móbiles por flaxelos polares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias Gram-negativas, da familia das pseudomonadáceas, con forma de bacilo curto, móbiles por flaxelación polar e non forman esporas. Forman parte das especies patóxenas para os animais e para o home. Son bacterias oxidativas e mineralizantes non fotosintetizadoras e, en xeral, moi resistentes ao tratamento quimioterápico e aos antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade segundo a que un mineral foi substituído por outro, pero conservando a forma externa deste último, e que tivo lugar dunha maneira lenta e continua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao mineral con pseudomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. pseudomorfismo.

    2. Transformación que ten lugar nun mineral pseudomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao SO de Ponferrada, no límite con Galicia (1.930 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico, fillo de Xosé Puente Castro. Doutor en Medicina polas universidades de Madrid e Viena, foi catedrático de Anatomía na Universidad de Salamanca (1947-1950) e de cirurxía na Universidade de Santiago (1952-1989), da que é catedrático emérito desde 1991. Traballou no Anatomische Institut de Viena (1942-1943), no Quirurgische Klinik de Heidelberg (1950, 1952, 1953) e no Hospital S. Maucks-London (1960, 1961, 1965). Dirixiu o departamento de cirurxía do Hospital Clínico de Santiago de Compostela (1957-1989) e impulsou varias cátedras na Universidade compostelá. Traduciu do alemán a obra Anatomía Topográfica, de E. Pern Perkopf, e colaborou en diversas obras colectivas. É académico numerario da Real Academia Nacional de Medicina e da Real Academia de Medicina y Cirurgía de Galicia. Recibiu a Medalla Castelao (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Mantivo os seus obradoiros tipográficos na Coruña, onde foi editor de libros, como Historia de la Coruña (1846), de Vedia. Tamén tirou do prelo diversos periódicos, como El Telégrafo (1843), do seu substituto, El Coruñés (1843), de El Vigilante (1843), que veu substituír ao anterior; El Iris de Galicia e La Ilustración de La Coruña (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento francés de Auvernia, Occitania (7.970 km2; 604.266 h [1999]). A súa capital é Clermont-Ferrand.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e litógrafo alemán. Foi pintor da corte de Maximiliano de Baviera e membro das academias de Múnic e de Berlín. Pintou a Ruína a carón do mar, Catedral de Orvieto, Vella abadía de Rouen e Rúa da Residencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Figura destacada do movemento representado pola academia literaria Arcadia Lusitana (1756), escribiu sobre todo églogas e elexías, en que se manifesta a tradición clásica de Ribeiro e Camões.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de rabdómeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para detectar obxectos ocultos, minerais ou auga no subsolo, por medio dunha variña ou dun péndulo que se leva na man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a rabdomancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación diferenciada, semellante a un bastonciño, presente no extremo das células que forman a retínula fotorreceptora (células retinulares) do omatidio, nos ollos compostos dos artrópodos. Conteñen os pigmentos fotosensibles, e o seu conxunto denomínase rabdoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor do tecido muscular estriado.

    VER O DETALLE DO TERMO