pseudomonadáceo -a
pseudomonadáceo -a
(
-
adx
Relativo ou pertencente ás pseudomonadáceas.
-
s
f
[MONERA]
Bacteria da familia das pseudomonadáceas.
-
s
f pl
[MONERA]
Familia de bacterias pseudomonadais que agrupa formas alongadas, rectas, raramente cocoides, móbiles por flaxelos polares, de crecemento moi rápido. Son oxidativas e teñen unha distribución moi ampla. Algunhas son cromoxénicas. Os xéneros máis importantes son Pseudomonas (como P. aeruginosa), Phythomonas e Xanthomonas, que son saprófitos dos vexetais, Protaminobacter e Mycoplana, entre outros moitos.