"Dal" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 544.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica e cantante. Coñecida como Imperio Argentina, actuou no teatro de variedades por América do Sur e España. Debutou no cine con La hermana San Sulpicio (1927), e destacou polos seus papeis en comedias ou en películas folclóricas ambientadas en Andalucía, como Morena Clara (1936) ou Carmen, la de Triana (1938). Recibiu o Premio Goya en recoñecemento á súa carreira cinematográfica (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Formou parte da milicia nacional. A súa andaina política comezou no progresismo, e pasou por diferentes tendencias como o autoritarismo (1868), o carlismo (1870) e o absolutismo. Foi deputado en numerosas ocasións entre 1844 e 1872 e ministro da Gobernación (1856-1857). Defendeu a necesidade dunha lei do funcionariado, o dereito da Igrexa a administrar os seus bens, e redactou a Lei da Imprenta (1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a un nodo ou a un nódulo.
-
Cada un dos dous planos, perpendiculares ao eixe óptico dun sistema óptico, trazados polos seus puntos nodais. O plano nodal obxecto éo no punto nodal obxecto, e o plano nodal imaxe éo no punto nodal imaxe.
-
Cada un dos dous puntos dun sistema óptico, situado sobre o seu eixe óptico, en que o aumento angular vale 1. É dicir, que un raio que incide no punto nodal obxecto dá lugar a un raio paralelo que procede do punto nodal imaxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que trae como armas, en campo de prata, dous navíos, un deles afundíndose sobre ondas de prata e azul.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que son coñecidos os irmáns pontevedreses Bertomeu García de Nodal (1575-1622) e Gonzalo García de Nodal (?-1621?). Navegantes, encargáronse do descubrimento do estreito de San Vicente e de averiguar a veracidade do descubrimento do estreito de Magallanes, preto de Tierra de Fuego, en 1618. Esta viaxe supuxo a apertura dunha nova vía cara a Filipinas.
-
-
Escrava que estaba ao servizo das mulleres dos soldados turcos e que exercía de concubina.
-
Concubina do harén.
-
Muller fermosa e sensual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo poboado de olmos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba xudicial de carácter máxico-relixioso destinada a manifestar a culpabilidade ou a inocencia dun acusado. O nome anglosaxón ordãl (xuízo) pon de manifesto, se non a orixe, a súa popularidade en Europa central. As invasións xermánicas estenderon o seu uso a todo o antigo Imperio Romano, onde recibiu tamén o nome de xuízo de Deus. Na mentalidade primitiva, onde dereito e relixión se confunden, constitúe o xuízo por excelencia, no que Deus mesmo pronuncia a sentenza a través dunha proba. Reviste tamén forma adiviñatoria equivalendo ao oráculo. A pesar da variedade de formas propias de cada pobo, pódese resumir nas probas do lume, da auga, das pezoñas e do combate. As probas da auga, testemuñadas no Código de Hammurabi e nas primeiras recompilacións lexislativas bíblicas, foron igualmente coñecidas na Península Ibérica. Coa introdución do dereito romano e canónico, acabou desaparecendo.
-
-
Relativo ou pertencente ás orquidais.
-
Planta da orde das orquidais.
-
Orde de plantas, da clase das monocotiledóneas, que presenta flores xinandras. Esta orde inclúe só a familia das orquidáceas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás osmundais.
-
Fento da orde das osmundais.
-
Orde de fentos, da subclase dos leptosporanxiados, que consta unicamente da familia das osmundáceas.
-
-
MONTAÑA
Aliñación montañosa situada entre os concellos de Friol, Outeiro de Rei e Begonte. A súa máxima altitude atópase no monte Cordal con 739 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Parte superior da cavidade bucal e inferior da cavidade nasal. Está constituído por unha parte ósea e por unha parte branda que representa unha válvula destinada a interceptar a comunicación entre a farinxe e a fosa nasal posterior.
-
Parte da bóveda superior da cavidade bucal que intervén na articulación dos sons. Segundo as necesidades clasificatorias de cada sistema fonético, distínguese entre prepadal, padal medio e pospadal.
-
Gusto e sabor que se percibe da comida ou da bebida.
-
Capacidade para apreciar e distinguir os sabores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás glándulas paratiroides.
-
-
Grupo de aves, da familia dos paséridos, de pequeno tamaño (duns 10 ou 15 cm de lonxitude, incluída a cola), de forma robusta con pico cónico, curto e robusto, algo convexo; ás anchas e curtas, cola mediana e cadrada. A súa plumaxe presenta distintos tons de marrón con manchas negras e rubias. Son paxaros moi sociais e aniñan en colonias, os seus niños atópanse en árbores ou tamén en buracos. Aliméntanse de grans, insectos ou herbas. Existen varias especies en Europa, África e Asia.
-
Gorrión que mide uns 18 cm. A femia presenta a mesma plumaxe ca o macho pero con cores máis intensas. Ten unha presenza moi rara en Galicia, xa que se trata dunha ave propia da alta montaña.
-
Gorrión que habita en rochas ou canteiras mide uns 14 cm e é de color castaña cunha mancha amarela no papo. Non se pode diferenciar o macho da femia, xa que os dous presentan a mesma coloración. É unha especie pouco abundante en Galicia.
-
Ave en que a femia presenta unha plumaxe de color parda coa parte ventral máis clara ca a dorsal, mentres que o macho ten manchas negras no papo, peito agrisado e ás pardas con pintas escuras. Poñen de 3 a 6 ovos que teñen un período de incubación de dúas semanas. O seu hábitat normal é Europa, N de África e gran parte de Asia. É moi coñecida pola súa forma de vida, pois é un típico habitante do medio urbano. OBS: Tamén se denomina gorrión e pardao.
-
Gorrión que presenta unha pequena mancha escura preto do tímpano. Os dous sexos presentan a mesma coloración e son aves que viven unicamente no campo.
-
-
GALICIA
Militar. En 1806 chegou a Bos Aires e integrouse no Tercio de Gallegos. Levou a cabo unha brillante carrera militar e participou nas loitas independentistas, entre outras, nas batallas de Las Piedras (1812) e Tucumán (1812). Loitou no Alto Perú e participou na ocupación de Lima, nas campañas de Río de la Plata e de Colombia. Foi gobernador dos departamentos de Arequipa, Cuzco e Puno.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Realizou o doutoramento en xeoquímica en Zúric. Foi profesor da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, presidente da área de xeoloxía e minaría do Seminario de Estudos Galegos e director da revista Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Participou na creación do Laboratorio de Xeoquímica da Universidade de Santiago de Compostela (1933) -o primeiro de España-, e foi fundador e director do Instituto Xeolóxico de Laxe (1940). Interesouse principalmente polo estudo da xeoquímica de Galicia e publicou numerosos traballos sobre mineraloxía e química de minerais, sobre o estudo dos minerais das zonas areosas das costas de Galicia, a xeoquímica de rochas volcánicas, plutónicas e metamórficas, a cartografía xeolóxica, a estratigrafía e os granitos. Das súas obras destacan Quimismo de las manifestaciones magmáticas cenozoicas de la Península Ibérica (1935), El conocimiento geológico de Galicia (1958) e Mapa petrográfico estrutural...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Foi catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, arquiveiro no Arquivo Rexional de Galicia, onde organizou e catalogou a serie de mosteiros, e director do Arquivo e da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (1952-1965). Colaborou con C. Pérez Bustamante en Notas de arqueología prehistórica galaica. Los dólmenes de Dombate y la Gándara (1924) e escribiu Los solariegos o juniores: aportación al estudo de las clases sociales en León y Castilla durante la Edad Media (1928) e Marcial en la perceptiva de Baltasar Gracián (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política creada en xullo de 1976 aglutinando diversos núcleos andalucistas xurdidos en 1965 e que, en 1973, se estruturaron na Alianza Socialista de Andalucía (ASA). Partindo dun rexionalismo popular-proletario que asociaba a idea de autonomía, a de reforma agraria e o retorno da emigración, desembocou nun nacionalismo que responsabilizaba as zonas ricas de España do empobrecemento andaluz. Baixo a dirección de Alejandro Rojas Marcos, adoptou o nome de Partido Socialista de Andalucía (PSA) e foi membro da Federación de Partidos Socialistas. En 1984 cambiou o nome polo de Partido Andalucista, acentuou o seu carácter nacionalista e renunciou ao socialismo e ao marxismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido Andalucista.
-
GALICIA
Escultor. Artista autodidacta, realizou cruceiros, figuras relixiosas e profanas, nus, fontes, escudos, construcións e figuras móbiles. A súa obra, caracterizada pola forza expresiva, con influencia do románico galego, está espallada por España, Europa e América.
VER O DETALLE DO TERMO