"EGU" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 415.

  • Capacidade dun ser vivo de manter a temperatura interna dentro duns límites de máxima e de mínima entre os que teñen lugar os procesos vitais. Non todos os animais se comportan igualmente ante variacións de temperatura. Mentres que os paxaros e os mamíferos manteñen constante a temperatura interna (son homeotermos), os outros animais teñen a temperatura interna igual á ambiental (son poiquilotermos). Os animais homeotermos teñen desenvolvidos unha serie de mecanismos para manter constante a temperatura, así, ao diminuír a temperatura, aumenta a vasoconstrición da pel, co que se reduce o arrefriamento corporal, diminúe a cantidade de auga no sangue cunha diminución da transpiración, acumulan graxa e aumentan o metabolismo. Ao aumentar a temperatura, hai vasodilatación cutánea, dilución do sangue e su­dación activa ou incremento da actividade respiratoria se os animais non teñen glándulas sudoríparas. Os mecanismos de termorregulación sométense a un dobre control, nervioso e hormonal. O centro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao aparato que mantén constante a temperatura dun obxecto, local, recinto, líquido ou gas. Consta dun termóstato que acciona o sistema calefactor ou refrixerador cando a temperatura varía con relación ao valor prefixado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e mestre. Colaborador de A Nosa Terra e do Anuario Brigantino, onde publicou diversos traballos e monografías sobre persoeiros locais, coordina a revista A Xanela. Escribiu Xoán Vicente Viqueira e o nacionalismo galego (1987) e Alcumes recollidos en Betanzos (1989), en colaboración con Xulio Cuns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. armisticio.

    2. Cesamento temporal dun traballo, dunha actividade ou dun sufrimento.

    3. Institución medieval que prescribía uns tempos e uns días determinados do ano durante os que estaban prohibidas as loitas armadas e as guerras señoriais. Desenvolveuse xunto á institución da paz de Deus, encamiñada á tutela de persoas e bens contra os depredadores, promovida pola Igrexa. Posteriormente quedou nun compromiso ligado a sancións económicas que a autoridade civil lles impuña os contendentes para deter ou evitar belixerancias que podían resolverse polas vías do dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado entre Enrique II de Francia e o Emperador Carlos V o 6 de febreiro de 1556, polo que Francia conservou Savoia, Piemonte e os bispados de Metz, Toul e Verdun, e o Imperio as prazas de Térouanne e Hesdin. A tregua, que tiña que durar 5 anos, foi rota polo ataque do duque de Alba aos Estados Pontificios (1556).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno cultivador de tabaco en Cuba. A súa orixe remóntase ao s XVII, cando se estendeu en Europa o uso do tabaco.

    2. Cigarro puro, feito dunha única folla de tabaco enrolada que fai de tripa e de capa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo establecido, como resultado da Batalla de Legnano (1176), entre o Emperador Federico I Barbarrubia e o Papa Alexandre III (1177), polo que o emperador se someteu á autoridade papal. O acordo foi completado con cadansúa tregua coa Liga Lombarda e con Guillerme II de Sicilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de La Rioja, situado ao SL de Logroño e bañado polo río Iregua (2.506 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Murcia, situado no val do Segura, ao L da serra do Cajal (1.572 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, xornalista e escritor. Militou no Partido Liberal, foi deputado polo distrito de Pontevedra (1886-1923), alcalde de Madrid, conselleiro de Estado e vicepresidente primeiro do Congreso de los Diputados. Durante a súa actuación parlamentaria tivo moi presente a cuestión educativa e a reforma neste ámbito. Dirixiu o Boletín de la liga protectora de la educación nacional e escribiu Proyectos de hacienda: estudo sobre la contribución rústica y pecuaria, cédulas y cupos de consumo (1888) e La Educación popular: memoria (1911), en que presenta un amplo abano de medidas e iniciativas belgas favorables á causa da reforma da educación. Publicou Reformas más convencionales para el mejoramiento de la clase obrera (1884), La educación popular (1911) e unha adaptación de El Quijote para nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Das súas novelas destacan Piano Player (1960), Slaughterhouse Five (1969), Breakfast for Champions (1973) e Timequake (1997), e as obras teatrais Happy Birthday, Wanda June (1970) e Hocus Pocus (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘navalla’ e ‘canivete’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Preocupado polas relacións entre filosofía e teoloxía e entre filosofía e ciencia. Das súas obras destaca a triloxía La inteligencia humana (1982-1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo. Coñecido como José Antonio de Donostia, escribiu Preludios vascos (1912-1923), Guere Herria (1928) e Mendi- Lore (1948), ademais de música vogal e relixiosa. Publicou Euskal Eres -Sorta (1922) e foi membro da Euskal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou durante a invasión napoleónica e cos absolutistas, na guerra contra os liberais (1822-1823). Cando estalou a Primeira Guerra Carlista (1833) foi nomeado xeneral en xefe do exército real de Navarra. Home moi activo e cunha gran capacidade de organización, combateu vitoriosamente aos carlistas coa táctica de guerrillas. Derrotou a diversos xenerais liberais de prestixio, e en 1835 o pretendente e a corte impuxéronlle o asedio de Bilbao. Derrotou a Espartero en Durango e formalizou o asedio da capital. Aos poucos días foi ferido na cama por unha bala perdida, que lle provocou a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO