"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e de Noruega (1559-1588), fillo de Cristián III. A súa ambición por dominar o Báltico levouno a atacar Suecia en 1563 e iniciar unha guerra que finalizou coa Paz de Stettin (1570). Impulsou o comercio, as ciencias e as artes e foi o principal protector do astrónomo Tycho Brahe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1740-1786), fillo de Federico Guillerme I. Rebelouse contra a educación imposta polo seu pai e tentou fuxir a Inglaterra en 1730, pero foi descuberto e fixérono prisioneiro. En 1740 accedeu ao trono prusiano e iniciou unha política militar de carácter expansivo. Durante a Guerra de Sucesión austríaca (1740-1748) ocupou a rexión de Silesia, ao tempo que lle ofrecía a súa axuda a María Tareixa de Austria a cambio da propia Silesia. Na Guerra dos Sete Anos (1756-1763), malia as derrotas fronte aos exércitos austrorrusos, conseguiu asegurarse Silesia. En 1772 repartiuse Polonia con Catarina II de Rusia, polo que engadiu aos seus territorios a Prusia polaca, Gdańsk e Thorn, e en 1779 obtivo os principados franconios de Baviera. Durante a Guerra de Sucesión de Baviera constituíu o Fürstenbund, unha alianza cos principes alemáns co fin de frear os intentos de Austria por reconstituír o Sacro Imperio Romano Xermánico. Expoñente do despotismo ilustrado europeo, reorganizou a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sicilia (1296-1337), fillo de Pedro III de Aragón. Lugartenente xeral da illa trala morte do seu pai (1285), foi proclamado rei polos sicilianos en 1296. A súa oposición ao papado e a Carlos II de Anjou enfrontouno ao seu irmán Xaime II de Aragón, que o venceu na Batalla de Cabo Orlando. Asinada a Paz de Caltabellotta (1302), continuou como rei vitalicio e mantivo a independencia e a integridade do seu reino. Financiou varias expedicións de almogávares nas que se conquistaron os ducados de Atenas e Neopatria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector do Palatinado (1544-1556), fillo do elector Filipo I. Sucedeu o seu irmán Luís V. Estivo ao servizo de Austria e promoveu a elección do Emperador Carlos V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1452-1493), rei de Xermania e de romanos (1440-1486), duque (1439-1444) e arquiduque (1463-1493) de Austria e duque de Carintia e Estiria (1435-1444). Enfrontouse ao duque Alberto VI de Austria, a Sexismundo do Tirol e a Mateo de Hungría, ao apoiar o papado. Non obstante , o casamento do seu fillo Maximiliano con María de Borgoña (1477) asegurou a grandeza dos territorios dos Austrias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Federico I de Prusia

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e de Noruega (1648-1670), fillo de Cristián IV. Declarou a guerra a Suecia en 1657. Tralo fracaso das accións militares perdeu Escania, Halland, Bornholm e Trondheim, aínda que trala sinatura da Paz de Copenhaguen (1660) recuperou as dúas últimas. Apoiado pola burguesía, proclamou o carácter hereditario e absoluto da monarquía (1660-1661) e confiou o goberno a un consello de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador alemán e rei de Prusia (1888), fillo de Guillerme I. Opúxose a Bismarck, pero distinguiuse na Guerra Franco-Prusiana (1870-1871). En 1888 foi coroado emperador pero morreu ao cabo de tres meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector e duque de Saxonia (1486-1525), fillo do elector Ernesto I. Renunciou en 1519 á coroa imperial en favor de Carlos V. Fundou a Universidade de Wittenberg (1502) e deu refuxio a M. Lutero en Wartburg (1521) trala Dieta de Worms.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sicilia e duque de Atenas (1355-1377), fillo de Pedro II de Sicilia. Defendeu o reino das pretensións dos monarcas napolitanos, que desembarcaron en Messina (1356), e da súa irmá, Leonor de Aragón, para o que se aliou con Xoana I de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector do Palatinado (1559-1576) e conde palatino de Simmern (1157-1576), fillo e herdeiro do conde palatino Xoán II. Educado na fe católica, casou cunha luterana e en 1546 adoptou o calvinismo, doutrina que introduciu no Palatinado. Esforzouse, sen éxito, por unir os príncipes luteranos contra Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e de Noruega (1699-1730), fillo de Cristián V. Aliouse sen éxito en 1700 con Rusia e Polonia contra Suecia. En 1709 volveu declarar a guerra a Suecia e invadiu o ducado de Slesvig e a Pomerania sueca. Polo Tratado de Frederiksborg (1720) devolveu todos os territorios conquistados durante a contenda aos suecos, agás os ducados de Slesvig-Holstein. En 1702 aboliu a servidume da gleba, aínda que a reforma non tivo unha aplicación real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector do Palatinado (1583-1610). Cabeza do calvinismo alemán desde 1592, organizou en 1608 a Unión Protestante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1947-1972), fillo do Rei Cristián X. A modificación da constitución (1953) permitiu a sucesión feminina ao trono, e sucedeulle a súa filla Margarida II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e enxeñeiro. Trasladouse a Pontevedra en 1886 para facer o estudo dun porto entre Pontevedra e Marín. Apadriñado polo marqués de Riestra e o marqués de la Vega, representou o distrito de Redondela entre 1893 e 1910. No goberno presidido polo marqués de la Vega, nomeouno ministro de Fomento (4.12.1906-25.01.1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Licenciouse en Dereito Civil e Canónico. Militou no Partido Liberal e foi elixido deputado por Redondela (1910-1916). Xestionou a construción e mellora das infraestruturas viarias para Redondela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e de Noruega (1746-1766). Monarca ilustrado, iniciou unha serie de reformas internas que levaron á creación de numerosos centros educativos e ao financiamento dunha expedición multidisciplinar á Península Arábiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector do Palatinado (1610-1620) e rei de Bohemia (1619-1620), fillo e herdeiro do elector Federico IV. Cabeza nominal da Unión Protestante, foi elixido rei de Bohemia (1619) polos bohemios, sublevados contra o seu rei, o Emperador Fernando II. Vencido polos exércitos imperiais na Batalla da Montaña Branca (1620), perdeu o Reino de Bohemia, o cargo de elector e o Palatinado, polo que se refuxiou nas Provincias Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1808-1839) e de Noruega (1808-1814), fillo de Cristián VII. Aliado de Napoleón contra Inglaterra, polo Tratado de Kiel (1814) cedeu Noruega a Suecia e recibiu a cambio a illa de Rügen e a Pomerania sueca, que trocou polo ducado de Lauenburg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1848-1863), fillo de Cristián VIII. A Revolución de 1848 induciuno a outorgar unha constitución liberal (1849) común a Dinamarca e aos ducados de Slesvig-Holstein, pero os separatistas dos ducados subleváronse, apoiados por Prusia. Na convención de Londres (1850) foi garantida a integridade dos territorios daneses.

    VER O DETALLE DO TERMO